Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O BARCO, O CARBALLIÑO E OURENSE ACHEGAN UN TOTAL DE CATRO ESCENARIOS A ESTE CIRCUÍTO

A provincia de Ourense acolle 31 funcións da Rede Galega de Teatros e Auditorios no segundo semestre do ano Documento anexo

[10/10/2006] A Rede Galega de Teatros e Auditorios, da que forman parte o Teatro Principal e o Auditorio de Ourense, o Teatro Municipal Lauro OImo do Barco de Valdeorras e o Auditorio Municipal do Carballiño vén de inaugurar os programas Rededanza, Redesons Jazz e Redesons Clásica como paso previo á posta en marcha dun novo modelo organizativo baseado no desenvolvemento de programacións específicas de teatro, música, danza, maxia e monicreques. Así, no marco deste circuíto de exhibición de espectáculos que promove o IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) da Consellería de Cultura e Deporte, a provincia de Ourense acollerá neste segundo semestre do ano un total de 31 funcións, das que 9 corresponden ao programa Rededanza, 3 a Redesons Clásica e as 19 restantes ao programa xeral.

O PERFIL TÍPICO É O DE MULLER, DE MEDIANA IDADE, CON ALTO NIVEL ACADÉMICO E ACTIVIDADE PROFESIONAL

O IGAEM define ao público do teatro galego e os seus hábitos de consumo cultural Documento anexo

[09/10/2006] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), organismo adscrito á Consellería de Cultura e Deporte, definiu por vez primeira en Galicia os distintos segmentos poboacionais e perfís sociodemográficos dos espectadores de teatro galego, ademais dos seus comportamentos, actitudes e hábitos de consumo, como resultado dun traballo de investigación realizado en 21 concellos da Rede Galega de Teatros e Auditorios. O estudo pode descargarse aquí.

O CIRCUÍTO INCLÚE UNHA VINTENA DE ESCENARIOS DE 14 CONCELLOS PONTEVEDRESES

A Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrece 110 funcións na provincia de Pontevedra durante o segundo semestre Documento anexo

[03/10/2006] A Rede Galega de Teatros e Auditorios, da que forman parte unha vintena de espazos escénicos de 14 concellos pontevedreses, vén de inaugurar os programas Rededanza, Redesons Jazz e Redesons Clásica como paso previo á posta en marcha dun novo modelo organizativo baseado no desenvolvemento de programacións específicas de teatro, música, danza, maxia e monicreques. Así, no marco deste circuíto de exhibición de espectáculos que promove o IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) da Consellería de Cultura e Deporte, a provincia de Pontevedra acollerá neste segundo semestre do ano un total de 110 funcións, das que 8 corresponden ao programa Rededanza, 7 a Redesons Jazz e 4 a Redesons Clásica.

O ESPECTÁCULO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO VISITARÁ TAMÉN CARBALLO E O BARCO

"A cabana de Babaiagá" inicia en Ourense unha nova serie de funcións escolares

[03/10/2006] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta en Ourense do 4 ao 6 de outubro un total de seis funcións de A cabana de Babaiagá, espectáculo de música e narración oral para público infantil que dirixe Paula Carballeira. O Teatro Principal acollerá á compañía os días 4 e 5 de outubro ás 10.00 e 12.00 horas; así como o día 6 ás 11.00 e 20.30 horas. Ás funcións matinais asistirán escolares de ensino primario de distintos centros próximos, en tanto que á ultima representación poderá acceder o público xeral.

VINTE CONCELLOS CORUÑESES FORMAN PARTE DESTE CIRCUÍTO

A provincia da Coruña acolle 118 funcións da Rede Galega de Teatros e Auditorios no segundo semestre do ano Documento anexo

[02/10/2006] A Rede Galega de Teatros e Auditorios, da que forman parte diferentes espazos escénicos de 20 concellos coruñeses, vén de inaugurar os programas Rededanza, Redesons Jazz e Redesons Clásica como paso previo á posta en marcha dun novo modelo organizativo baseado no desenvolvemento de programacións específicas de teatro, música, danza, maxia e monicreques. Así, no marco deste circuíto de exhibición de espectáculos que promove o IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) da Consellería de Cultura e Deporte, a provincia da Coruña acollerá neste segundo semestre do ano un total de 118 funcións, das que 11 corresponden ao programa Rededanza, 9 a Redesons Jazz e 9 a Redesons Clásica.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304  305  306  307  308 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: