Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A FUNCIÓN INCLUSIVA DE 'O CHARCO DE ULISES' SERÁ A PRIMEIRA QUE SE PODERÁ SEGUIR EN 'STREAMING' E CON INTERPRETACIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

O CDG dota o Salón Teatro dun sistema pioneiro para a emisión en directo dos espectáculos

[27/12/2020] O Centro Dramático Galego instalou na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, un sistema de cámaras e de realización ao vivo, pioneiro na nosa Comunidade, que permitirá tanto a gravación dos espectáculos como a súa emisión en streaming. Con esta medida, a compañía pública dá un paso adiante na transformación dixital, dotándose dunha ferramenta que busca facilitar a accesibilidade e a internacionalización dos procesos creativos.

PUBLICADA NA WEB DA AGADIC A ADXUDICACIÓN DESTA LICITACIÓN

A Xunta coproducirá os novos espectáculos de danza de Andrea Quintana, Javier Martín e Kirenia Martínez Acosta Documento anexo

[07/12/2020] A Xunta de Galicia impulsará os novos espectáculos de danza nos que traballan Andrea Quintana, Javier Martín e Kirenia Martínez Acosta, adxudicatarios da licitación de tres contratos en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG). Segundo a adxudicación publicada na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Xunta achegará máis de 50.000 euros ás tres propostas, asumindo así entre o 50 e o 80% dos seus respectivos orzamentos.

O VENRES 4 E SÁBADO 5, ás 20.30 H, E O DOMINGO 6, ÁS 20.00 H

A Sala Ártika de Vigo estrea o proxecto 'Cambio de foco' en coprodución co Centro Dramático Galego Documento anexo

[02/12/2020] A Xunta de Galicia contribúe á estrea en Vigo de Cambio de foco, un proxecto de Ártika Cía. en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). A estrea será este venres día 4 ás 20,30 h. e repetiranse funcións o sábado 5 á mesma hora e o domingo 6 ás 20,00 h. sobre o escenario do espazo homónimo da avenida de Beiramar. Este último día, ao remate da función, desenvolverase unha charla coloquio a cargo da Asociación Pvlse sobre diversidade e identidade de xénero, a temática da montaxe.

A Xunta leva a Culturgal as experiencias da Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego fronte á covid

[28/11/2020] A Xunta de Galicia, patrocinador principal da 13ª edición de Culturgal en Pontevedra, centra as presentacións da última xornada da feira na programación das novidades da Cidade da Cultura para a tempada de outono-inverno e nas estratexias do Centro Dramático Galego (CDG) fronte á covid-19.

PENSADAS PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA

Poñemos en marcha o programa 'Os segredos do Salón Teatro' de visitas en liña para colexios e institutos Documento anexo

[26/11/2020] O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de abrir a convocatoria para o seu programa Os segredos do Salón Teatro. Visitas en liña ao corazón do teatro, dirixido a centros educativos de Primaria e de Secundaria de toda Galicia. Con motivo da conmemoración do centenario do Salón Teatro, edificio no que ten a súa sede, a compañía pública retoma as súas actividades escolares, adaptándoas á actual situación sanitaria para o seu desenvolvemento de xeito virtual.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: