[05/11/2025] O Teatro Municipal do Porto (Portugal) acolle este venres na súa sede do Rivoli a estrea da coprodución José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983, na que participa o Centro Dramático Galego, a unidade teatral da Xunta, xunto a outras catro institucións culturais do país veciño. A montaxe, inspirada nos concertos de despedida do icónico cantautor portugués, poderá verse no Porto os días 7 e 8 de novembro e en Lisboa do 11 ao 13 de decembro, antes de poñer rumbo cara a Galicia para o pase que ofrecerá no Salón Teatro de Santiago de Compostela o día 16 dese mes en colaboración co Instituto Camões de Vigo.
[24/10/2025] O Centro Dramático Galego colgará de novo o cartel de "entradas esgotadas" nas tres últimas funcións do seu espectáculo A serie clopen esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde terá sido visto por arredor de 5500 persoas desde a súa estrea o pasado 11 de setembro. Tras os 33 pases ofrecidos na sede da compañía da Xunta, tamén completando as butacas dispoñibles en varias ocasións, o espectáculo iniciará a finais de mes unha xira que o levará a outros cinco escenarios de Galicia e Portugal.
[24/09/2025] O Centro Dramático Galego estrea esta semana dous dos 14 espectáculos que produce ou coproduce na actual temporada 2024-2025. Trátase de 'Heroes de decembro', xunto a Ancoraxe e Vórtice Escénico, que se poderá ver por primeira vez o venres 26 na Mostra de Teatro de Ribeira; e 'Berenguela na gaiola', realizada xunto a Galeatro e Xarope Tulú, que se presentará o sábado 27 no marco do Festival Internacional Outono de Teatro, de Carballo.
[17/09/2025] O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu esta tarde no Salón Teatro de Santiago de Compostela ao espectáculo do Centro Dramático Galego 'A serie clopen', que retoma as funcións tras a boa acollida do público na súa estrea a pasada fin de semana. Esta nova produción da compañía pública, que permanecerá en cartel ata o 26 de outubro, combina as artes circenses coas matemáticas e a historia para ofrecer unha reflexión crítica sobre os retos aos que se enfronta a mocidade actual.
[16/09/2025] O Centro Dramático Galego continúa a tender pontes entre creadores e público das artes escénicas de Galicia e Portugal con Ocupación Miñota, un programa de actividades arredor do teatro, no que se inclúen sesións de formación, conversas e a exhibición de tres espectáculos que terán lugar no marco das Residencias Artistea de Ponteareas do 17 ao 21 de setembro.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 308 309 310 311 312 Ver novas anteriores