Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

ABRANGUE OS EIDOS LABORAL, FISCAL E CONTABLE

O IGAEM pon a disposición das empresas escénicas e musicais un servizo gratuíto de consultoría

[10/05/2006] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais -IGAEM- da Consellería de Cultura e Deporte vén de poñer a disposición das empresas escénicas e musicais galegas un servizo gratuíto de consultoría e apoio á xestión nos eidos laboral, contable, económico-financeiro e mercantil, que ten como obxectivo o asesoramento ás empresas artísticas do sector como factor que contribúa ao reforzamento da súa posición no panorama cultural galego.

OFÉRTANSE 15 PRAZAS

O IGAEM selecciona bailaríns e bailarinas para a temporada escénica de 2006

[09/05/2006] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais -IGAEM- da Consellería de Cultura e Deporte vén de convocar audicións destinadas á cobertura dun total de 15 prazas de bailaríns e bailarinas de corpo de baile para a actual temporada escénica de 2006, segundo se recolle nunha resolución que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia -DOG-. O desenvolvemento das probas terá lugar o próximo 15 de xuño no complexo deportivo de Elviña na Coruña

120 MÚSICOS ASPIRAN ÁS 30 PRAZAS DISPOÑIBLES

Audicións de acceso á Escola de Altos Estudos Musicais

[05/05/2006] Un total de 120 aspirantes participará a partir de mañá e ata o 9 de maio nas audicións que celebrará en Santiago a Escola de Altos Estudos Musicais para seleccionar aos alumnos que integrarán a promoción 2006-2008 da súa Sección de Especialización.

1.520.000 EUROS NESTE ANO 2006

O IGAEM convoca axudas ao sector escénico e musical galego

[28/04/2006] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais -IGAEM- da Consellería de Cultura e Deporte fixo pública hoxe, a través do Diario Oficial de Galicia -DOG-, a súa convocatoria de axudas ao sector escénico e musical galego para 2006. Este programa de subvencións ascende a un total de 1.520.000 €, distribuídos en seis diferentes liñas de apoio económico, tres delas de nova creación, que inciden no fomento e a promoción do sector cara á constitución dunha industria galega do teatro, a música e a danza innovadora e competitiva.

UN TOTAL DE 22 ALUMNOS ASISTE ÁS CLASES DO MESTRE SUECO DENDE HOXE E ATÉ O DÍA 24

Bo Nilsson imparte un curso de trompeta na Escola de Altos Estudos Musicais

[20/11/2004] O mestre sueco Bo Nilsson, recoñecido pedagogo e trompeta solista da Orquestra Sinfónica de Malmö (Suecia) durante os últimos corenta anos, imparte o Curso de Trompeta que se desenvolve dende hoxe e até o vindeiro día 24 na sede da Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago. Un total de 22 alumnos asiste a este encontro, enmarcado no programa lectivo da Sección de Formación Permanente deste centro para a educación musical que xestiona o IGAEM.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: