[03/10/2006] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta en Ourense do 4 ao 6 de outubro un total de seis funcións de A cabana de Babaiagá, espectáculo de música e narración oral para público infantil que dirixe Paula Carballeira. O Teatro Principal acollerá á compañía os días 4 e 5 de outubro ás 10.00 e 12.00 horas; así como o día 6 ás 11.00 e 20.30 horas. Ás funcións matinais asistirán escolares de ensino primario de distintos centros próximos, en tanto que á ultima representación poderá acceder o público xeral.
[02/10/2006] A Rede Galega de Teatros e Auditorios, da que forman parte diferentes espazos escénicos de 20 concellos coruñeses, vén de inaugurar os programas Rededanza, Redesons Jazz e Redesons Clásica como paso previo á posta en marcha dun novo modelo organizativo baseado no desenvolvemento de programacións específicas de teatro, música, danza, maxia e monicreques. Así, no marco deste circuíto de exhibición de espectáculos que promove o IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) da Consellería de Cultura e Deporte, a provincia da Coruña acollerá neste segundo semestre do ano un total de 118 funcións, das que 11 corresponden ao programa Rededanza, 9 a Redesons Jazz e 9 a Redesons Clásica.
[27/09/2006] O Centro Dramático Galego (CDG) enfronta a súa temporada teatral 2006-2007 coa posta en marcha de novas liñas de traballo que, xunto co seu habitual labor de produción de espectáculos, prestarán unha especial atención ao proceso de creación de textos teatrais e á coprodución de montaxes con compañías privadas galegas. A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou este mediodía a nova programación, que se desenvolverá de outubro a xuño e na que se insiren tres producións propias –O regreso ao deserto, de Koltès; Tarará-chis-pum, de Artello; e A piragua, de Cándido Pazó– e a coprodución con PistaCatro do espectáculo Kamikaze, así como a actividade continuada do Centro de Creación Dramática Contemporánea, a nova figura do dramaturgo residente, e a xestión e programación do Salón Teatro de Santiago.
[14/09/2006] O IV Certame de Creación Coreográfica de Galicia que convoca o IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) mantén aberto o prazo de admisión de propostas candidatas até o vindeiro luns, 18 de setembro. Cunha dotación económica de até 11.500 euros en premios para un máximo de cinco distincións, o certame organízase como plataforma de exhibición de novas creacións co obxectivo de incentivar a actividade profesional neste sector artístico, así como a investigación, a innovación e as postas en escena imaxinativas.
[12/09/2006] O Centro Dramático Galego (CDG) inaugurará en novembro o seu Centro de Creación Dramática Contemporánea coa posta en marcha do curso de escrita teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade baixo a dirección e coordinación do autor, actor, narrador e director escénico Cándido Pazó (Vigo, 1960), quen durante a temporada 2006-2007 será, ademais, o dramaturgo residente do CDG.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 Ver novas anteriores