[01/06/2006] O Teatro Jofre de Ferrol acollerá os días 2 e 3 de xuño, ás 20.30 horas, as dúas últimas funcións do espectáculo Illa Reunión, do Centro Dramático Galego (CDG), coas que rematará un período de exhibición de tres meses durante o que esta produción terá sido representada nun total de 7 escenarios galegos ante máis de 3.000 espectadores.
[30/05/2006] A colección Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, que edita o Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña co apoio da Consellería de Cultura e Deporte, incorporará este ano sete novos títulos ao seu catálogo, que acadará así os 49 números editados, de acordo co convenio de colaboración asinado pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o reitor da Universidade coruñesa, José Mª Barja Pérez.
[15/05/2006] Un total de 12 alumnos asistirá a partir de mañá ao Curso de Trompa que impartirá o mestre estadounidense Eric Terwilliger, trompa solista da Orquestra Filharmónica de Múnic, na sede da Escola de Altos Estudos Musicais -EAEM- en Santiago de Compostela. O encontro, que se desenvolverá ata o vindeiro 20 de maio, insírese dentro do programa de formación permanente deste centro que xestiona a Consellería de Cultura e Deporte a través do IGAEM -Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais-.
[10/05/2006] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais -IGAEM- da Consellería de Cultura e Deporte vén de poñer a disposición das empresas escénicas e musicais galegas un servizo gratuíto de consultoría e apoio á xestión nos eidos laboral, contable, económico-financeiro e mercantil, que ten como obxectivo o asesoramento ás empresas artísticas do sector como factor que contribúa ao reforzamento da súa posición no panorama cultural galego.
[09/05/2006] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais -IGAEM- da Consellería de Cultura e Deporte vén de convocar audicións destinadas á cobertura dun total de 15 prazas de bailaríns e bailarinas de corpo de baile para a actual temporada escénica de 2006, segundo se recolle nunha resolución que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia -DOG-. O desenvolvemento das probas terá lugar o próximo 15 de xuño no complexo deportivo de Elviña na Coruña
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 Ver novas anteriores