[20/04/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle mañá sábado 21 de abril ás 12.00 do mediodía a presentación das bases que rexerán a XXXII convocatoria do Premio Born de Teatro 2007. Trátase dun dos galardóns para textos dramáticos de maior dotación de cantos se convocan en España, xa que está remunerado con 18.500 euros, ademais de conlevar a edición da obra gañadora que, por primeira vez na historia do premio, poderá ser traducida e publicada en galego, froito dun convenio de colaboración asinado coa Revista Galega de Teatro (RGT).
[20/04/2007] O Auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela, será o escenario os vindeiros días 23 e 24 de xaneiro, ás 20.30 horas, de dous novos concertos de cámara protagonizados por alumnos deste centro para a especialización musical, que xestiona a Consellaría de Cultura e Deporte a través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais). Ámbalas dúas citas son de entrada libre até completar o aforo.
[13/04/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle hoxe 13 de abril, ás 21:00 horas, a estrea da obra A piragua, un texto escrito e dirixido por Cándido Pazó como resultado da súa experiencia como primeiro dramaturgo residente do Centro Dramático Galego (CDG). A obra, coa que a compañía pública culmina o seu plan de produción propia para a actual temporada teatral 2006-2007, parte dunha simple anécdota -que se crea porque un veciño garda unha piragua nunha praza de garaxe- para enfiar un discurso dramático que traslada ao espectador a liña argumental esencial que verdadeiramente sustenta a proposta escénica: a violencia doméstica.
[12/04/2007] Vacuo, a peza inaugural do Centro Coreográfico Galego (CCG) creada e dirixida por Maruxa Salas, representarase dentro dos programas artísticos dos festivais Mov-s de Barcelona, onde se exhibirá mañá 13 de abril no Sant Andreu Teatre; e de Dansa València, que acollerá o espectáculo o luns día 30 na sala L’Altre Espai. A primeira coreografía da nova unidade de produción de danza da Consellaría de Cultura e Deporte amosarase deste xeito ante o público de dúas das citas máis importantes no ámbito da danza; e completa así o período de distribución que está a levar, cun grande éxito de público, por distintas localidades galegas.
[10/04/2007] O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolle a partir de hoxe as xornadas de debate organizadas pola Consellería de Cultura e Deporte baixo o título "Cara a unha industria musical galega", nas que participan máis de 150 persoas, entre os expertos nos distintos eidos que atinxen ao desenvolvemento musical e unha nutrida representación do sector discográfico galego, ademais do público xeral que pode acceder ao programa aberto de conferencias, mesas redondas e presentacións de proxectos.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 Ver novas anteriores