[19/12/2006] O Salón Teatro de Santiago acollerá os vindeiros días 21 e 22 de decembro, ás 20.30 horas, dúas funcións de Woyzeck, espectáculo co que o Teatro Nacional São João de Porto se presenta por vez primeira en Galicia. Nuno Cardoso, un dos novos talentos da dirección escénica portuguesa, dirixe e forma parte do elenco desta versión da obra póstuma e máis coñecida do autor alemán Georg Büchner.
[15/12/2006] O Centro Coreográfico Galego (CCG), unidade de nova creación integrada na estrutura do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais da Consellaría de Cultura e Deporte, inicia o seu funcionamento a prol do desenvolvemento integral no ámbito da danza contemporánea en Galicia coa posta en marcha de diferentes liñas de actuación dirixidas tanto aos artistas como á cidadanía. A nova entidade foi presentada este mediodía pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, nun acto celebrado no Museo de Belas Artes da Coruña –cidade na que o Centro ten a súa sede– e no que tamén participaron o xerente do IGAEM, Miguel Martín, e a coordinadora do CCG, Natalia Balseiro.
[15/12/2006] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana a obra de Pepe Rubianes, Lorca eran todos, en dúas funcións que terán lugar o sábado ás 20:30 e o domingo ás 18:00 horas. O especáculo, producido pola compañía catalana Fila 7, é unha homenaxe á figura do poeta granadino e, por extensión, a todos cantos foron vítimas da guerra civil española. Lorca eran todos, que chega a Compostela precedida tanto da polémica como do éxito que suscitou a súa escenificación noutras cidades, concebíuse como unha peza de teatro-documento da que é autor e director Rubianes. Está realizada a partir de textos de Agustín Penón, Ian Gibson, Eduardo Molina Fajardo e José Luis Vila Sanjuán, algúns dos historiadores que traballaron sobre as circunstancias da morte de Federico García Lorca.
[07/12/2006] Un total de 349 grupos e intérpretes aspiran a formar parte da programación da nova "Rede Galega de Música ao Vivo", que iniciará en xaneiro de 2007 a Consellería de Cultura e Deporte, a través do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), en 40 locais e salas de concertos repartidos por toda a Comunidade autónoma. A iniciativa, na que poderán participar finalmente un máximo de 70 formacións -preferentemente galegas de todos os estilos- está organizada xunto a asociación Clubtura e ten como obxectivo a realización de preto dun milleiro de actuacións no marco dun circuíto musical estable que serva de plataforma de promoción aos intérpretes e contribúa a optimizar a súa presenza no territorio galego.
[30/11/2006] O espectáculo El Señor Ibrahim y las flores del Corán, que coproducen o Centro Dramático Nacional (CDN) e Uróc Teatro, abrirá o cartel de decembro do Salón Teatro de Santiago con dúas funcións que terán lugar o vindeiro sábado 2 de decembro, ás 20.30 horas, e o domingo día 3, ás 18.00 horas. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG), a programación prevista até finais de ano inclúe o espectáculo Lorca eran todos, escrito e dirixido por Pepe Rubianes, a montaxe de Woyzeck que Nuno Cardoso dirixiu para o Teatro Nacional São João de Porto, e os cinco espectáculos que configuran a semana de Teatro Infantil de Nadal.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 Ver novas anteriores