Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

ÁNXELA BUGALLO PRESENTOU ESTA NOVA EDICIÓN, NA QUE 21 COMPAÑÍAS GALEGAS E 4 DE PAÍSES LUSÓFONOS EXHIBIRÁN AS SÚAS MONTAXES DO 23 AO 27 DE OUTUBRO

A Feira Galega das Artes Escénicas reunirá un cento de programadores cun cartel de 25 espectáculos Documento anexo

[17/10/2007] Un total de 25 espectáculos de teatro e danza a cargo de 21 compañías galegas e 4 procedentes de países lusófonos (Portugal, Brasil e Cabo Verde) configuran o cartel da Feira Galega das Artes Escénicas 2007 que, do 23 ao 27 de outubro, reunirá en Santiago de Compostela a un cento de programadores de teatros, auditorios, circuítos e festivais de toda a Península. Organizada pola Consellaría de Cultura a través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais), unha das prioridades desta décimo quinta edición do evento é potenciar a súa condición de espazo de mercado especializado a través da habilitación na sede da Fundación Gonzalo Torrente Ballester dunha zona con 13 stands de empresas escénicas, unha área de encontro profesional e unha mesa de contratación, entre outras dotacións destinadas a favorecer a compravenda de espectáculos.

EN CORENTA SALAS DE TODA GALIZA

A Rede Galega de Música ao Vivo ofrece 274 concertos durante o derradeiro trimestre do ano Documento anexo

[13/10/2007] A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) programa durante este último trimestre do ano un total de 274 concertos a cargo de 65 grupos e solistas de diferentes estilos nun total de 40 salas de toda Galiza que forman parte deste circuíto promovido pola Consellaría de Cultura e Deporte a través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) e a asociación Clubtura.

O SALÓN TEATRO DE SANTIAGO COLGOU EN DÚAS OCASIÓNS A CARTELEIRA DE ‘NON HAI LOCALIDADES’

Máis de 1.300 persoas teñen asistido ás primeiras funcións do espectáculo 'Noite de Reis. Ou o que queirades'

[11/10/2007] Un total de 1.339 espectadores asistiron até agora en Compostela á nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) Noite de Reis. Ou o que queirades, estreada o pasado venres 28. O espectáculo dirixido por Quico Cadaval a partir do texto de William Shakespeare, está a rexistrar un gran éxito de público, tanto nas funcións de público xeral como nos pases matinais aos que acoden alumnos de bacharelato.

UN TOTAL DE 21 COMPAÑÍAS GALEGAS E 4 PROCEDENTES DE PAÍSES LUSÓFONOS EXHIBEN OS SEUS ESPECTÁCULOS TEATRAIS E COREOGRÁFICOS EN COMPOSTELA DO 23 AO 27 DE OUTUBRO

A Feira Galega das Artes Escénicas 2007 potencia a súa función como espazo de mercado especializado

[09/10/2007] A Feira Galega das Artes Escénicas que organiza a Consellaría de Cultura a través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) enfronta a súa décimo quinta edición, que se desenvolverá en Santiago de Compostela do 23 ao 27 de outubro, coa prioridade de potenciar a súa condición de espazo de mercado especializado e efectivo á hora de dar servizo ao centenar de programadores de teatros e auditorios, festivais e circuítos escénicos que teñen confirmada a súa asistencia, cara á incorporación de espectáculos galegos na súa oferta cultural para a vindeira temporada.

INAUGÚRASE CON TRES TÍTULOS, GAÑADORES DO PREMIO LITERARIO HOMÓNIMO

O IGAEM e Baía Edicións lanzan a colección "Barriga Verde" de textos para teatro de monicreques

[02/10/2007] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais e a empresa Baía Edicións veñen de lanzar en réxime de coedición a Colección Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques, que nace mediante a publicación dos seus tres primeiros números, aos que corresponden os títulos O soñador de Gabriel Castilla, Misterio en Guernica, de Xosé Manuel Fernández Castro, e O afundimento do Tiránic, de Breogán Riveiro.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304  305 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: