Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

QUICO CADAVAL DIRIXE O ESPECTÁCULO, QUE OFRECERÁ 18 FUNCIÓNS EN SANTIAGO

O Salón Teatro acolle o día 28 a estrea de "Noite de Reis. Ou o que queirades" do Centro Dramático Galego Documento anexo

[26/09/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle este venres 28 ás 21.00 horas a estrea da obra Noite de Reis. Ou o que queirades, da man dun dos directores máis consagrados do panorama escénico galego, Quico Cadaval, que se enfronta por primeira vez ao repertorio de Shakespeare. A montaxe, coa que a compañía pública inicia o seu plan de produción propia para a actual temporada escénica 2007-2008, combina un divertido xogo de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor.

ÁNXELA BUGALLO REUNIUSE COS REPRESENTANTES DAS EMPRESAS E DOS GRUPOS MUSICAIS

Éxito de público na inauguración do stand galego na Feira Popkomm

[19/09/2007] Galiza volve estar presente, por segunda vez, nunha das grandes feiras internacionais da música. Hoxe abriu as súas portas Popkomm no recinto feiral de Berlín e alí xurdiu de novo o GalicianTunes como unha plataforma de apoio aos músicos e ás empresas galegas do sector. Nesta ocasión a presenza galega é maior que nunca, ao actuar en directo cinco bandas: Faltriqueira, Berrogüetto, Lamatumbá, Deluxe e Catpeople. As tres primeiras estrearanse esta noite, mentres que Xoel López o fará mañá xoves e Catpeople o venres.

ESTREARASE NOITE DE REIS, VALDEMULLER, DRAMAA3 E CASCUDA

O CDG enfronta a nova temporada con 4 producións e novos servizos á cidadanía Documento anexo

[12/09/2007] O Centro Dramático Galego (CDG) enfronta a súa temporada teatral 2007-2008 cun plan de produción de espectáculos pensado para chegar a todos os públicos e coa posta en marcha de novos servizos que reforcen a súa relación tanto co público como cos profesionais das artes escénicas. Baixo o lema "A temporada da cidadanía", a compañía institucional centrarase neste novo período en iniciativas como a rede "Espazos CDG", o asentamento de canles para o préstamo de material escénico, visitas programadas á súa sede ou a posta a disposición de medios de asesoramento e acceso técnico como algunhas das medidas que contribuirán ao obxectivo de proporcionar un servizo teatral público en toda a súa extensión.

OPTAN A 10 PRAZAS PARA A TEMPORADA ARTÍSTICA 2007-2008

Máis dun centenar de bailaríns/as participan na audición do CCG

[20/08/2007] Máis dun centenar de bailaríns e bailarinas chegados de diferentes países de Europa e América participan dende esta mañá na audición pública que o Centro Coreográfico Galego (CCG) está a desenvolver na sede do INEF Galicia, no concello coruñés de Oleiros. Os aspirantes optan ás 10 prazas convocadas co obxectivo de configurar o corpo de baile da unidade de danza do IGAEM para a temporada artística 2007-2008.

MÁIS DUN 87% DAS FORMACIÓNS REXISTRADAS SON GALEGAS

Un total de 486 grupos inscribíronse para participar na programación de 2008 da Rede Galega de Música ao Vivo

[14/08/2007] Un total de 486 grupos e solistas de todos os estilos musicais formalizaron a súa preinscrición para participar na programación de 2008 da Rede Galega de Música ao Vivo, circuíto promovido polo IGAEM e a asociación Clubtura do que actualmente forman parte 45 salas de toda Galiza. Estes locais teñen de prazo até o vindeiro 15 de setembro para elaborar as súas propostas de programación para todo o ano 2008, agás os meses de xullo e agosto.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: