[06/06/2007] O Salón Teatro acolle mañá xoves 7 de xuño ás 22.00 horas un concerto a cargo de Hanne Hukkelberg, vocalista e multiinstrumentista norueguesa que presentará en Santiago o seu último disco Rykestrasse 68. A cantante, que combina o eclecticismo sonoro co pop-cabaré e a electrónica, protagoniza o segundo recital da extensión para Santiago do Festival Sinsal, un dos certames musicais máis arriscados e innovadores, que até agora se celebraba unicamente na cidade de Vigo.
[04/06/2007] Un total de vinte alumnos e alumnas participan dende hoxe no taller de improvisación e composición coreográfica que imparte na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG), na Coruña, o bailarín de orixe polaca Janusz Subicz, discípulo da mítica coreógrafa alemá Pina Baush. Esta iniciativa enmárcase no programa de actividades formativas do CCG dirixidas especialmente aos profesionais galegos da danza, que prevé a celebración doutros nove obradoiros até finais deste ano.
[01/06/2007] O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza esta fin de semana dous encontros con Claudia Galhós, ensaísta e critica portuguesa especializada en danza, que terán lugar no Salón Teatro de Santiago mañá sábado, de 17.00 a 20.00 horas, e o domingo día 3, de 16.00 a 18.00 horas. Ambas sesións serán de entrada libre.
[31/05/2007] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana (sábado 2 de xuño ás 20.30 horas e domingo 3 ás 18.00 horas) a estrea do espectáculo 30.000, a cargo da compañía Pisando Ovos en coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG), unidade de danza do IGAEM. A peza, interpretada por David Loira e Rut Balbís con dirección artística de Damián Muñoz, propón, por medio da nova danza contemporánea galega, unha reflexión sobre o papel do diñeiro na sociedade actual.
[18/05/2007] A compañía coruñesa ExperimentaDanza estrea mañá no Salón Teatro de Santiago Arte a escena , unha proposta coreográfica para todos os públicos que ve a luz como primeiro espectáculo que se realiza en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG), da Consellaría de Cultura e Deporte. A peza, un xogo escénico que utiliza as formas e as cores primarias para achegar unha visión das artes plásticas a través da danza, representarase no espazo compostelán mañá sábado ás 20:30 horas e o domingo ás 18:00 horas.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 Ver novas anteriores