Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A MEIRANDE PARTE DA PROGRAMACIÓN CONCÉNTRASE NO MES DE DECEMBRO

Un total de 23 magos e 50 concellos participan no II Circuíto Galego da Maxia "Nadal Máxico 2007" Documento anexo

[26/11/2007] O Circuíto Galego da Maxia celebra este ano a súa segunda edición con 50 funcións noutros tantos concellos, desenvolvendo a meirande parte da súa actividade durante o mes de decembro. A Consellaría de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e do IGAEM, colabora coa Asociación de Magos Profesionais de Galicia na organización deste programa, que conta cun total de 23 magos para a posta en escena dos diferentes espectáculos.

A OBRA DE WOODY ALLEN, DIRIXIDA POR XÚLIO LAGO, SERÁ REPRESENTADA O SÁBADO 24 DE NOVEMBRO, ÁS 20.30 HORAS, E O DOMINGO 25, ÁS 18.00 H.

Teatro do Atlántico ofrece dúas funcións de "A bombilla máxica" no Salón Teatro

[23/11/2007] Teatro do Atlántico representa esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela dúas funcións da obra A bombilla máxica, que terán lugar mañá sábado 24 ás 20:30 horas e o domingo 25 ás 18:00. Baixo a dirección de Xúlio Lago, a peza escrita por Woody Allen amosa, por medio do seu humor intelixente, os difíciles mundos da adolescencia, da vellez e das relacións de parella.

ESTREARÁ 'KIOSCO DAS ALMAS PERDIDAS', CON DIRECCIÓN DE ROBERTO OLIVÁN E MÚSICA DE MERCEDES PEÓN, A FINAIS DE FEBREIRO NA CORUÑA

O Centro Coreográfico Galego consolídase na temporada 07-08 cun novo espectáculo, tres coproducións e un amplo programa formativo Documento anexo

[21/11/2007] O Centro Coreográfico Galego (CCG) enfronta a súa temporada 2007-2008 co obxectivo de consolidar o seu labor a prol do desenvolvemento da danza en Galiza a través dun amplo programa de creación, produción, investigación e formación que foi presentado este mediodía na Coruña pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. Neste segundo período de actividade, a unidade de danza creada en 2006 no seo do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) estreará unha produción e tres coproducións, ademais de acoller diferentes artistas en residencia e de potenciar un programa formativo transversal ao resto da programación e dirixido tanto aos profesionais como a públicos de diferentes idades.

O ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR QUICO CADAVAL SERÁ REPRESENTADO O VENRES 23, ÁS 11.00 H., PARA INSTITUTOS E O SÁBADO 24, ÁS 21.00, PARA O PÚBLICO XERAL

O Auditorio Municipal de Vilagarcía acolle dúas funcións de "Noite de Reis. Ou o que queirades" Documento anexo

[21/11/2007] O Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa acolle esta semana a obra Noite de Reis. Ou o que queirades, que presenta o Centro Dramático Galego (CDG), da man dun dos directores máis consagrados do panorama escénico galego, Quico Cadaval. A montaxe, coa que a compañía pública iniciou o seu plan de produción propia para a actual temporada escénica 2007-2008, constitúe a primeira incursión de Cadaval no repertorio shakespearano, o que se plasma nun divertido xogo escénico de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor.

O PRAZO DE ADMISIÓN DE ORIXINAIS REMATARÁ O 4 DE XANEIRO DO 2008

II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico Documento anexo

[19/11/2007] Ao longo da súa historia a radio foi plataforma de experimentación e soporte de creacións artísticas. Autores e creadoras utilizaron o medio radifónico como soporte e canle creativa. Nesta tradición o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico pretende promover a creación actual dun corpus dramático no formato de teatro radiofónico.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: