Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A OBRA DE PAULA CARBALLEIRA, GAÑADORA DO I PREMIO MANUEL MARÍA DE LITERATURA DRAMÁTICA INFANTIL, ESCENIFÍCASE O 2 DE NOVEMBRO ÁS 20.00 HORAS

A estrea de 'Boas noites' abre a nova programación do Salón Teatro Documento anexo

[30/10/2007] A estrea do espectáculo Boas Noites, da compañía compostelá Berrobambán, abre a nova carteleira de programación do Salón Teatro de Santiago cunha única función que terá lugar o vindeiro venres 2 de novembro, ás 20.00 horas. O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) inicia con esta proposta escénica especialmente dirixida a público infantil o seu último período anual de programación, para o que están previstas até finais de decembro un total de 17 funcións, con especial protagonismo do teatro galego.

TROMPICALLO, ACONTRABUTACA, LAGARTA LAGARTA E SARABELA SON AS PRIMEIRAS COMPAÑÍAS CONTRATADAS DENTRO DO PROGRAMA DE BONIFICACIÓNS Á DISTRIBUCIÓN EXTERIOR DO IGAEM

Castela-A Mancha, Euskadi, Madrid e Porto programarán máis de 40 funcións de teatro galego a partir da Feira

[26/10/2007] Castela-A Mancha, Euskadi, Madrid e Porto programarán un total de 42 funcións de teatro galego a raíz dos contratos pechados até o momento no marco da Feira Galega das Artes Escénicas 2007 que, organizada pola Consellaría de Cultura a través do IGAEM, se desenvolve dende o pasado día 23 e até mañá sábado en cinco escenarios de Compostela: Sala Nasa, Salón Teatro, Teatro Galán, Teatro Principal e auditorio do IES Xelmírez I.

A EXPOSICIÓN 'UN PAÍS DENDE AS TÁBOAS. 125 ANOS DE TEATRO GALEGO' PERMANECERÁ NA FUNDACIÓN GONZALO TORRENTE BALLESTER ATÉ O VINDEIRO 11 DE NOVEMBRO

Títeres Cachirulo, Disque Danza, Fulano, Mengano e Citano, e Raiz di Polon clausuran mañá a Feira Galega das Artes Escénicas 2007

[26/10/2007] A décimo quinta edición da Feira Galega das Artes Escénicas, que se celebra en Compostela dende o pasado día 23, chegará mañá ao seu remate cun cartel integrado por un espectáculo de monicreques, outro de teatro de actor e dous de danza. As propostas das compañías galegas Títeres Cachirulo, Disque Danza e Fulano, Mengano e Citano e da caboverdiana Raiz di Polon pecharán este encontro organizado pola Consellaría de Cultura a través do IGAEM, no que participan un total de 25 grupos e un cento de programadores e axentes culturais chegados de toda a Península.

O INFORME ELABORADO POLO IGAEM E PROXECTOS OFRECE UNHA VISIÓN GLOBAL DO SECTOR

Galiza conta con 112 compañías profesionais, a maioría sociedades limitadas con menos de 5 asalariados Documento anexo

[25/10/2007] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) da Consellería de Cultura e Deporte presentou hoxe o documento 'Diagnose das Artes Escénicas de Galiza', no que se determina a situación actual do sector do teatro e a danza do país. O informe, que cifra en 112 as compañías profesionais que producen espectáculos, achega datos sobre os espazos culturais existentes, os tecidos produtivo e laboral, a demanda ou o tratamento por parte dos medios de comunicación, entre outros aspectos.

O PROGRAMA DE MAÑÁ, PENÚLTIMA XORNADA DO EVENTO, TAMÉN INCLÚE AS PROPOSTAS DAS COMPAÑÍAS GALEGAS TANXARINA TÍTERES, TEATRO GALILEO E TEATRO DO NOROESTE

Circolando-Graça Ochoa, Pistacatro e Nut Teatro achegan as últimas tendencias teatrais á Feira Galega das Artes Escénicas

[25/10/2007] As últimas tendencias e linguaxes teatrais terán mañá unha destacada presenza no cartel da Feira Galega das Artes Escénicas 2007 coa exhibición dos espectáculos A galinha da minha vizinha dos portugueses Circolando e Graça Ochoa, Kamikaze de Pistacatro Produtora de Soños e Corpos disidentes de Nut Teatro. O programa desta penúltima xornada do evento que organiza o IGAEM presenta, así mesmo, Sombreiros sen chapeu de Tanxarina Títeres, Rosso profondo in punto di morte de Teatro Galileo e Romeo e Xulieta de Teatro do Noroeste.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: