[11/03/2008] A última produción da compañía Uróc Teatro, Adosa@dos, recala esta semana no Salón Teatro de Santiago, despois de permanecer en carteleira no Teatro Español de Madrid durante corenta días cunha excelente acollida de público. O espazo escénico de Compostela acolle dúas funcións do espectáculo que protagonizan Juan Margallo e Petra Martínez, que terán o xoves 13 e o venres 14 ás 20.30 horas.
[06/03/2008] Baby Dee pechará este sábado día 8 ás 22:00 horas no Salón Teatro a extensión en Santiago de Compostela do Festival Sinsal, cun concerto no que a singular artista norteamericana presentará o seu novo disco Safe Inside The Day . Dee compartirá cartel cos galegos O Fillo Pausado, a innovadora proposta do vigués Magú Castromil. Con esta actuación clausúrase a programación musical inserida dentro do Sinsal Santiago, un certame estacional que ten a súa orixe e sede principal en Vigo, e que, grazas á colaboración dos organizadores co Centro Dramático Galego (CDG) levou a Compostela nesta segunda edición a Matt Valentine & Erika Elder with The Golden Road, Igloo, Michael Gira e Fabrizio Modonese (r).
[05/03/2008] Trala súa estrea na Coruña, a última produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), Kiosco das almas perdidas, chega ao Centro Cultural Caixanova de Vigo, cidade onde se sitúa o local que inspirou ao seu creador, Roberto Oliván. Esta peza, dirixida polo coreógrafo catalán e con música en directo de Mercedes Peón, representarase no teatro vigués o venres 7 e o sábado 8 de marzo ás 20.30 horas.
[03/03/2008] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) retoma a partir de hoxe a súa actividade en Compostela co inicio do terceiro obradoiro do curso de escritura teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade II, impartido polo dramaturgo portugués Jacinto Lucas Pires e supervisado por Cándido Pazó, e da segunda parte do laboratorio de investigación e innovación escénica a cargo de Rosa Sánchez e Alain Baumann, de Kònic Thtr.
[29/02/2008] O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle os días 5 e 6 de marzo a nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), Valdemuller, un espectáculo de teatro de obxectos dirixido polo arxentino Pablo Vergne segundo unha creación colectiva realizada a partir da novela de Xosé A. Neira Cruz. Con esta segunda produción da temporada 2007-2008, o CDG arrisca na súa aposta por unha combinación de elementos tradicionalmente asociados a programacións consideradas menores, como son o teatro de monicreques e o teatro dirixido especialmente a público en idade adolescente.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores