Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

ENRIQUE DIAZ RECONSTRÚE O CLÁSICO DE CHEJOV NUNHA POSTA EN ESCENA EXPERIMENTAL

A produción brasileira "Seagull play" recala no Salón Teatro dentro da súa xira europea Documento anexo

[13/12/2007] A produción brasileira Seagull Play (A Gaivota), unha creación colectiva dirixida por Enrique Diaz, represéntase esta fin de semana (sábado 15 ás 20.30 horas e domingo 16 ás 18.00 horas) no Salón Teatro de Santiago. O espazo escénico de Compostela e Xixón son as únicas dúas prazas no territorio español incorporadas ao percorrido da compañía a partir da súa presentación o pasado verán no Festival de Outono de París.

INTERPRETARANSE OBRAS DE MOZART, GOUNOD E BEETHOVEN

A Orquestra da EAEM actúa en Ames e Santiago dirixida por Jordi Mora

[12/12/2007] A Orquestra de Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ofrecerá nos próximos días dous concertos públicos baixo a dirección do mestre catalán Jordi Mora, nos que interpretará obras de Mozart, Gounod e Beethoven. O primeiro dos recitais será o día 13 no Auditorio de Bertamiráns (Ames), en tanto que o segundo terá lugar o venres 14 no Auditorio da EAEM, en Santiago.

HABERÁ UNHA FUNCIÓN PARA INSTITUTOS O VENRES 14 E OUTRA PARA PÚBLICO XERAL O SÁBADO 15

O Auditorio Municipal de Ribadeo acolle "Noite de Reis. Ou o que queirades" Documento anexo

[12/12/2007] O Auditorio Municipal de Ribadeo acolle esta fin de semana a obra do Centro Dramático Galego Noite de Reis. Ou o que queirades, que vén da man de Quico Cadaval, un dos directores máis consagrados do panorama escénico galego que se enfronta por primeira vez ao repertorio de Shakespeare. A montaxe, que está a obter un grande éxito de público con cheos na práctica totalidade das funcións ofrecidas, combina un divertido xogo de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor.

DIRIXIDO POR QUICO CADAVAL, REPRESÉNTASE OS DÍAS 4 E 5 DE DECEMBRO, ÁS 20.30 HORAS, NO CENTRO CULTURAL CAIXANOVA

O CDG chega a Vigo co espectáculo 'Noite de Reis. Ou o que queirades'

[03/12/2007] O Centro Cultural Caixanova acolle os días 4 e 5 de decembro, ás 20.30 horas, o espectáculo Noite de Reis. Ou o que queirades, da man dun dos directores máis consagrados do panorama escénico galego, Quico Cadaval. A montaxe, que está a obter un gran éxito de público, combina un divertido xogo de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor.

ESTÁ INTERPRETADA POR ÁNXELA ABALO, VICENTE DE SOUZA E XOSÉ BONOME

Ancora Produccións representa "Medidas preventivas" no Salón Teatro

[30/11/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle mañá sábado ás 20.30 e o domingo 2 ás 18.00 horas dúas funcións de Medidas preventivas, a última proposta teatral da compañía coruñesa Ancora Produccións. Escrita e dirixida por Gustavo Pernas Cora, o texto da obra obtivo o premio ao Mellor Libro de Teatro 2007 da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: