[15/01/2008] A catalá Ángels Margarit, fundadora da compañía de danza Mudances, ofreceu o pasado venres 11 de xaneiro unha clase maxistral na escola Espacio Aberto de Santiago de Compostela. A esta clase asistiron un total de once profesionais galegos, que pudieron achegarse á linguaxe e á forma de traballar desta profesional de renome internacional.
[14/01/2008] A Consellaría de Cultura e Deporte, a través do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), destina este ano un importe global máximo de 2.120.000 € a sete modalidades de axudas ao sector escénico e musical galego, cifra que supón un incremento orzamentario do 35% respecto da pasada convocatoria de 2007.
[11/01/2008] O Salón Teatro de Santiago inaugura esta fin de semana a súa nova programación semestral co espectáculo de danza contemporánea Larandland, que a compañía catalá Mudances escenificará o sábado 12, ás 20.30 h, e o domingo 13, ás 18.00. Esta é a primeira proposta dunha ampla carteleira que, até o mes de xuño, dá cabida a un total de 56 funcións desenvolvidas por 18 formacións artísticas.
[11/01/2008] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) vén de ser galardoado co Premio SGAE ao Empresario Público, en recoñecemento ao seu papel "impulsor dunha programación cultural xenerosa e diversa que fai da capital galega un referente mundial alén, incluso, do seu celebradísimo patrimonio histórico".
[08/01/2008] O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle do 10 ao 13 de xaneiro o espectáculo do Centro Dramático Galego Noite de Reis. Ou o que queirades, obra de William Shakespeare que chega da man de Quico Cadaval, un dos directores máis consagrados do panorama escénico galego. A montaxe, que está a obter un grande éxito de público con cheos na práctica totalidade das funcións ofrecidas, combina un divertido xogo de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 Ver novas anteriores