[05/05/2008] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle esta semana a cuarta e última parte do curso de escrita teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade II , impartido polo dramaturgo francés Patrick Lerch e baixo a dirección e coordinación de Cándido Pazó. Un total de 15 alumnos participan nesta actividade, que se desenvolverá na biblioteca do Salón Teatro até o venres día 9 de 17.00 a 20.00 h.
[30/04/2008] O Salón Teatro de Santiago acolle este venres día 2 de maio, ás 21:00 horas, a estrea de Estigma, espectáculo resultado do proxecto de dramaturxia residente no Centro Dramático Galego (CDG) DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo dos autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática. A montaxe permanecerá en Compostela até o 18 de maio para continuar despois cunha xira por 9 localidades galegas: Tui, Narón, O Barco, Vigo, Ribadeo, Ferrol, Vilagarcía, A Coruña e Ribadavia.
[29/04/2008] Tralo seu exitoso paso polo Teatro Central de Sevilla, a última produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), Kiosco das almas perdidas, chega a Tui. Esta peza, dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván e con música en directo de Mercedes Peón, estará no Teatro Municipal Área Panorámica o mércores 30 de abril ás 21.00 horas. Despois continuará unha xira por toda a xeografía galega e por espazos das artes escénicas tan relevantes coma o Mercat de les Flors de Barcelona, dentro da programación do Festival Grec.
[25/04/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) leva a súa produción Valdemuller ao Teatro Escalante de Valencia, espazo escénico especializado en programación infantil e xuvenil, que ofrecerá durante catro días un total de sete funcións do espectáculo. A compañía institucional galega visita por primeira vez este escenario, referencia no seu xénero para todo o Estado, cunha representación o domingo 27 ás 18.00 horas para público familiar e 3 pases dobres o luns 28, martes 29 e mércores 30 ás 10.00 e ás 11.30 horas, dirixidos a escolares.
[24/04/2008] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais adxudicou un total de 1.239.929,77 € a 41 compañías profesionais galegas de teatro, danza e maxia como resultado da súa convocatoria de subvencións á actividade escénica. O Consello Reitor do IGAEM ratificou hoxe as contías concedidas a cada proposta –7 dentro do apartado de nova creación, 22 de teatro de actor e de monicreques, 7 de danza e 5 de maxia, ademais de aprobar os importes no resto das modalidades: programa Crédito-Cultura e axudas á distribución, ás dotacións da Rede Galega de Teatros e Auditorios, ás salas privadas de teatro e artes escénicas, ao asociacionismo profesional e á formación especializada.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores