AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

O PROCESO DE REFORMA DESTE CIRCUÍTO ENTRA NA SÚA RECTA FINAL

A Rede Galega de Teatros e Auditorios inaugura un novo modelo de programacións específicas con Redesons e Rededanza Documento anexo

[07/09/2006] A Rede Galega de Teatros e Auditorios estrea a partir de mañá os programas Rededanza, Redesons Jazz e Redesons Clásica como paso previo á posta en marcha dun novo modelo organizativo baseado no desenvolvemento de programacións específicas de teatro, música, danza, maxia e monicreques. O circuíto de exhibición de espectáculos promovido polo IGAEM iniciará en xaneiro de 2007 unha nova etapa, trala conclusión do proceso de reforma no que están a participar os diferentes sectores implicados (asociacións escénicas, programadores culturais e IGAEM).

O PROGRAMA CONSTA DUNHA DUCIA DE PEZAS, PARTE DELAS INCLUÍDAS NOS DISCOS "POR IR AO BAILE" E "ALBA DE ABRIL"

O Grupo de Música Tradicional prepara o seu novo repertorio con temas tradicionais e composicións propias

[25/08/2006] O Grupo de Música Tradicional do IGAEM está a traballar no repertorio que ofrecerá na súa vindeira temporada de concertos, no que se recollen tanto temas populares e tradicionais galegos, arranxados polos integrantes do conxunto, como adaptacións e composicións de nova creación incluídas nos seus traballos discográficos Por ir ao baile (2004) e Alba de abril (2001).

RESOLTAS 5 DAS 6 LIÑAS DE SUBVENCIÓN AO SECTOR ESCÉNICO E MUSICAL GALEGO PARA 2006

O IGAEM adxudica 785.000 euros en axudas a 25 compañías de teatro e danza para a produción de espectáculos Documento anexo

[07/08/2006] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) da Consellería de Cultura e Deporte vén de adxudicar un total de 785.000 euros a 25 compañías profesionais galegas como resultado da súa convocatoria de axudas á produción para espectáculos de teatro e danza. O Consello Reitor do IGAEM ratificou as contías concedidas a cada montaxe –2 dentro da categoría de nova creación, 18 de actor e de monicreques e 5 de danza–, ademais de resolver outras catro modalidades das seis convocadas no marco do programa xeral de subvencións ao sector escénico e musical galego para 2006: axudas á distribución, ás dotacións da Rede Galega de Teatros e Auditorios, á programación de salas de teatro e artes escénicas, e ao estudo e investigación.

AUMENTA A DOTACIÓN ECONÓMICA NAS DÚAS MODALIDADES DE OBRAS PARA ADULTOS E PARA RAPACES

Aberto o prazo de recepción de orixinais para o Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Títeres Documento anexo

[27/07/2006] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) da Consellería de Cultura e Deporte vén de convocar o IV Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Títeres, correspondente á edición de 2006, para o que se contempla unha dotación de 8.000 euros, dividida nas súas dúas modalidades de obras dirixidas especificamente a adultos (4.000 euros) e a rapaces (4.000 euros).

TRÁTASE DUNHA EDICIÓN DE MANUEL F. VIEITES NA QUE PARTICIPAN OUTROS SETE AUTORES GALEGOS

O IGAEM e Galaxia coeditan "Manuel Lugrís Freire. Do texto ao escenario" dentro da colección Biblioteca de Teatro

[21/07/2006] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) da Consellería de Cultura e Deporte e Editorial Galaxia veñen de coeditar a obra Manuel Lugrís Freire. Do texto ao escenario, unha aproximación á obra dramática do escritor sadense no contexto europeo e galego, coa que se inaugura a serie Grandes Manuais dentro da colección Biblioteca de Teatro. O profesor Manuel F. Vieites asina a edición deste libro, que recolle aportacións doutros sete autores galegos, e co que se rende unha homenaxe á figura de Lugrís Freire como dramaturgo e home de teatro.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  6