[10/09/2008] A compañía Nova Galega de Danza e o Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellaría de Cultura e Deporte estrean Tradicción o vindeiro venres 12 de setembro, ás 21.00 h., no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A montaxe, que estará no mesmo escenario tamén o sábado 13, conta coa colaboración do Concello da Coruña e pertence ao programa de coprodución 2008 a través do que o CCG apoia proxectos de danza de iniciativas profesionais independentes e privadas.
[08/09/2008] O Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellaría de Cultura e Deporte inicia hoxe en Santiago de Compostela o seu Plan de Formación para a temporada 2008-2009. En total son oito os cursos, dirixidos tanto ao público xeral como aos profesionais da danza e outras artes do movemento, que se realizarán de setembro de 2008 a abril de 2009 en Santiago e na Coruña. A oferta ábrese cun curso de produción que imparte Monserrat Prat, e que se desenvolve na Arteria Noroeste de Santiago até o vindeiro 12 de setembro.
[03/09/2008] O Centro Torrente Ballester de Ferrol acolle durante o mes de setembro tres das sete residencias artísticas apoiadas este ano polo Centro Coreográfico Galego (CCG) no marco das que os creadores Rosa Casado, Félix Fernández, e Estela Lloves e Tania Arias traballarán no desenvolvemento dos seus respectivos proxectos escénicos: Some things happen all at once, Subidón, saldos de un bazar familiar, e Alicia en Grusia Proyect.
[25/08/2008] O Centro Coreográfico Galego (CCG) acaba de publicar o segundo volume da súa colección editorial Bitácora que, baixo o título Kiosco das almas perdidas, ofrece un percorrido eminentemente gráfico polos momentos claves na produción deste espectáculo, que a entidade da Consellaría de Cultura presentou no primeiro semestre deste ano no marco da súa segunda temporada de existencia.
[07/08/2008] O Salón Teatro de Santiago inaugurará en setembro a carteleira da súa nova temporada escénica 2008-2009, que ata finais de ano ofrecerá un total de 42 funcións de teatro e danza, cunha destacada presenza do teatro feito en Galicia. Así, a programación do espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) presenta os últimos espectáculos das compañías galegas Matarile Teatro, Teatro Cachuzo, Lagarta Lagarta, Teatro do Atlántico, Galitoon, Pistacatro e Sarabela Teatro, que compartirán cartel con Kónic Thtr (Cataluña), Atra Bilis (Madrid), Teatro do Frío (Porto) e Teatro Gorakada (Euskadi) e coa nova produción do CDG, A boa persoa de Sezuán, de Bertolt Brecht baixo dirección de Nuno Cardoso.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores