Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

Este festival celébrase nas rúas de A Coruña do 4 ao 6 de xullo

O Centro Coreográfico Galego participa na primeira edición do Festival Empape

[04/06/2008] A primeira edición do Festival EMPAPE celébrase en A Coruña do 4 ao 6 de xullo, aínda que as actividades paralelas comezan o martes 1. Esta iniciativa organizada pola compañía Entremans e Artestudio e co que colabora o Centro Coreográfico Galego créase para impulsar o desenvolvemento cultural de A Coruña, co obxectivo de converterse nun punto de encontro e de intercambio entre artistas e espectadores.

A PEZA PODERÁ VERSE VENRES DÍA 6 E SÁBADO 7 NO TEATRO PRINCIPAL

O CCG leva esta fin de semana a Ourense 'Kiosco das almas perdidas'

[04/06/2008] A peza do Centro Coreográfico Galego Kiosco das almas perdidas chega esta fin de semana ao Teatro Principal de Ourense, o venres 6 ás 21.00 horas e o sábado 7 ás 20.00 horas. Esta montaxe dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván conta co traballo de Mercedes Peón, galardoada o pasado sábado co Premio Nacional da Cultura Galega na categoría de Música. A artista galega é a autora do espazo sonoro e interpreta en directo (vocal e instrumentalmente) a música desta produción.

50 PROFESIONAIS DE 11 PAISES SOMÉTENSE ESTA SEMANA ÁS AUDICIÓNS PARA A ESCOLLA DOS 13 BAILARINS DA PEZA, QUE LEVARÁ POR TITULO GISELIÑA

O coreógrafo catalán Cisco Aznar dirixe `Giseliña´, próxima produción do CCG

[03/06/2008] O Centro Coreográfico Galego (CCG) traballa xa na que será a súa produción para a temporada 2008-2009, Giseliña, unha versión libre de Giselle que dirixirá o coreógrafo Cisco Aznar. O proceso de preprodución para a nova montaxe comezou xa o pasado 2 de xuño coas audicións que se desenvolverán durante toda a semana na sede do CCG, na Coruña, e das que sairá a selección dos 13 bailarins e bailarinas que compoñerán o elenco.

INTERVEÑEN OS GALEGOS NUT, D2, IVÁN MARCOS, ROBERTO LEAL E OS ITALIANOS DELLE ARIETTE

O Salón Teatro abre o ciclo de performances AcciónST Documento anexo

[03/06/2008] A programación do mes de xuño do Salón Teatro de Santiago ábrese esta semana cun ciclo dedicado ás artes performativas. Baixo o título AcciónST, cinco agrupacións artísticas desenvolverán, desde mañá mércores e até o sábado 7, varias execucións en distintas localizacións do edificio, ademais do escenario, no que a compañía italiana Teatro delle Ariette cociñará e ofrecerá a cea-espectáculo Teatro para comer? durante os catro días do programa.

O ESPECTÁCULO DO CDG VISITOU 12 LOCALIDADES GALEGAS E DOUS DESTACADOS ESPAZOS DA PENÍNSULA: O CENTRO ESCALANTE DE VALENCIA E O FESTIVAL FAZER A FESTA DE PORTO

'Valdemuller' remata a xira con 7.676 espectadores en 59 funcións

[28/05/2008] O espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Valdemuller
rematou hoxe o seu período de distribución cun total de 59 funcións ofrecidas e un balance de 7.676 espectadores, despois dunha extensa xira de tres meses de duración por 12 escenarios das catro provincias, así como por dous destacados espazos fóra de Galiza: o Centro Teatral Escalante de Valencia, que se caracteriza pola súa especialización no teatro infantil e xuvenil, e no Festival Internacional de Teatro Fazer a Festa da cidade portuguesa de Porto.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: