[16/10/2021] Representantes dos 20 teatros europeos e asiáticos integrados na Asociación de Teatro Eurasia achéganse hoxe ás artes escénicas de Galicia da man do Centro Dramático Galego (CDG). Membros da entidade desenvolven unha xornada de traballo na Cidade da Cultura, onde foron recibidos polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o director da unidade de produción teatral da Xunta e única representación española na entidade, Fran Núñez. O encontro enmárcase na asemblea xeral da asociación, que se desenvolve tamén na cidade portuguesa de Braga.
[14/10/2021] A última produción da unidade teatral da Xunta -o Centro Dramático Galego (CDG)- 'Serva me, servabo te', resultou premiada no Festival Internacional de Maltepe, en Estambul, onde se representou o pasado sábado como única peza española presente no evento. O galardón recaeu en Olga Cameselle, como mellor actriz pola súa actuación no espectáculo creado por Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez.
[13/10/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle todos os xoves deste mes o ciclo de espectáculos en lingua portuguesa 'Quintas do Camões', organizado polo Centro Dramático Galego, unidade de produción teatral da Xunta, e a sede de Vigo do Centro Cultural Português do Camões. Haberá tres funcións que se desenvolverán os días 14, 21 e 28 de outubro ás 20,00 horas. As entradas están xa á venda en ataquilla.com e poderán adquirirse no despacho de billetes o mesmo día das funcións desde dúas horas antes.
[12/10/2021] A Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), coproducirá un espectáculo no marco da primeira Bolsa de Dramaturxia e Creación impulsada polo Centro Dramático Galego (CDG) co apoio de diversos colectivos do sector teatral e cultural. A compañía que resulte elixida no proceso de selección aberto deberá realizar unha montaxe a partir do texto 'Relato dun incendio', do dramaturgo Ernesto Is, gañador da primeira fase desta iniciativa a prol do acompañamento integral dunha peza, desde a escrita ata a produción e distribución.
[30/09/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta, leva a súa nova produción, 'Serva me, servabo te', a Ferrol, cunha función no Teatro Jofre o sábado 2 de outubro ás 20,30 horas. Tras a súa estrea no Carballiño e a permanencia en cartel durante tres semanas no Salón Teatro de Santiago, a creación de Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez chega á cidade departamental no marco dunha xira que inclúe tamén Lugo e o Malpete Theater Festival de Estambul. Posteriormente volverá a Compostela con dúas novas funcións a mediados de outubro.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores