Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A ENTIDADE DA CONSELLARÍA DE CULTURA PARTICIPA NOS DEBATES E COMO EXPOSITOR NESTE CERTAME DE INNOVACIÓN CULTURAL

A AGADIC promove a cultura galega no Forum de Porto

[06/02/2009] A cultura galega está representada na Feira Internacional de Arte, Cultura e Industrias Culturais CONCEPTA a través do expositor co que a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) participa nesta primeira edición do evento, que se desenvolve ata ao vindeiro domingo día 8 na Exponor de Porto (Portugal) no marco do Forum 09 Cultura e Creatividade.

O ACRÓBATA DO MASTRO CHINÉS JOÃO P. PEREIRA DOS SANTOS DESAFÍA A GRAVIDADE DURANTE A EXECUCIÓN DA COREOGRAFÍA ESPECIALMENTE CREADA PARA EL POR RUI HORTA

Continúa no Salón Teatro o ciclo "Circo en escena" coa montaxe "Contigo" dos portugueses O Último Momento

[06/02/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana -sábado 7 ás 20.30 horas e domingo 8 ás 18.00 horas- dúas funcións do espectáculo de mastro chinés Contigo, a cargo da compañía portuguesa O Último Momento. Continúa así o ciclo "Circo en escena", unha iniciativa pioneira en Galicia que durante este mes de febreiro amosa no espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) algunhas das propostas que están a ser escenificadas nos festivais e programacións máis prestixiosos do mundo.

A GALEGA ESTHER EIRÁS ENSINARÁ AOS ALUMNOS EXERCICIOS CLAVE DESTA TÉCNICA DE DANZA

Curso de danza Graham no Centro Coreográfico Galego

[05/02/2009] O 7 e o 8 de febreiro a galega Esther Eirás impartirá un curso de danza Graham no Centro Coreográfico Galego, esta actividade forma parte da oferta de formación do CCG para a temporada 08-09. O curso, dirixido a estudantes e profesionais da danza e outras artes do movemento obtivo unha gran acollida, cubríndose todas as prazas que se ofertaban.

O ESPECTÁCULO, DIRIXIDO POLO PORTUGUÉS NUNO CARDOSO, REPRESENTARASE NO AUDITORIO MUNICIPAL O XOVES 5 PARA ESTUDANTES E O VENRES 6 PARA PÚBLICO XERAL

"A boa persoa de Sezuán" do Centro Dramático Galego chega a Vilagarcía de Arousa Documento anexo

[03/02/2009] O Auditorio Municipal de Vilagarcía acolle esta semana o último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Vilagarcía, o CDG ofrecerá dúas funcións desta produción -a primeira da súa temporada 2008-2009- o xoves 5, ás 10.30 horas (concertada para estudantes), e o venres 6, ás 21.00 horas.

CIRCO CONTEMPORÁNEO, FLAMENCO E MÚSICA EN DIRECTO DANSE A MAN NESTA MONTAXE QUE PODERÁ VERSE EN SANTIAGO O XOVES 5 E O VENRES 6 ÁS 20.30 H

A compañía andaluza Varuma abre o ciclo "Circo en escena" do Salón Teatro co espectáculo "Malgama"

[03/02/2009] A fusión do novo circo e o flamenco chega ao Salón Teatro de Santiago da man da compañía andaluza Varuma Teatro, que escenificará o xoves 5 e o venres 6, ás 20.30 horas, a peza Malgama. Con este espectáculo iníciase no escenario que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) o ciclo "Circo en escena", dentro do que tamén actuarán a compañía portuguesa O Último Momento coa montaxe Contigo (días 7 e 8), a galega Maquinaria Pesada que debutará coa estrea de As vingadoras (días 14 e 15), e finalmente, os franceses Ieto co espectáculo homónimo, premiado no festival Jeunes Talents Cirque Europe 2008 (días 19 e 20).

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304  305  306  307 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: