Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O CENTRO CÍVICO CULTURAL ACOLLE ESTE VENRES DÍA 23, ÁS 20.30 H, A PRIMEIRA FUNCIÓN DESTA PEZA, QUE CONTINUARÁ EN CARTEL O SÁBADO 24 ÁS 20.00 H

A compañía Entremans e o CCG estrean en Arteixo "Concerto desconcerto" Documento anexo

[21/01/2009] A compañía galega Entremans e o Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellería de Cultura e Deporte estrean o venres 23 ás 20.30 h no Centro Cívico Cultural de Arteixo o espectáculo Concerto desconcerto. A montaxe pertence ao programa de coproducións a través do que o CCG apoia proxectos de danza de iniciativas profesionais independentes e de empresas de titularidade privada.

A MONTAXE DESTA OBRA DE BRECHT, QUE NUNO CARDOSO DIRIXIU PARA O CDG, REPRESENTARASE OS DÍAS 21 E 22 PARA ESTUDANTES E 23 E 24 PARA PÚBLICO XERAL

O Teatro Principal de Ourense acolle catro funcións do espectáculo "A boa persoa de Sezuán" Documento anexo

[19/01/2009] O Teatro Principal de Ourense acolle esta semana o último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Ourense, o CDG ofrecerá catro funcións desta primeira produción da súa temporada 2008-2009: dúas para estudantes (mércores 21 e xoves 22, ás 10.30 horas), e outras dúas para o público xeral (venres 23 e sábado 24, ás 20.30 horas).

ESTE SEGUNDO ENCONTRO DO CURSO "PISTAS PARA UNHA DRAMATURXIA DA ACTUALIDADE III" CELÉBRASE NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO DO 19 AO 23 DE XANEIRO

O autor asturiano Maxi Rodríguez imparte un obradoiro de escrita teatral no Centro de Creación Dramática do CDG

[16/01/2009] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle a partir do luns 19 o segundo dos catro obradoiros que conforman o curso de escrita teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade III, impartido polo dramaturgo asturiano Maxi Rodríguez e supervisado por Cándido Pazó. Un grupo de 12 alumnos seguirá esta actividade, que se desenvolverá na biblioteca do Salón Teatro até o venres día 23 en horario de 17.00 a 20.00 h.

A MONTAXE DESTA OBRA DE BERTOLT BRECHT, REALIZADA POR UN EQUIPO GALEGO-PORTUGUÉS BAIXO A DIRECCIÓN DE NUNO CARDOSO, REPRESÉNTASE MAÑÁ PARA ESTUDANTES E O SÁBADO PARA PÚBLICO XERAL

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle "A boa persoa de Sezuán" do CDG Documento anexo

[15/01/2009] O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle esta fin de semana o último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Pontevedra, o CDG ofrecerá dúas funcións desta produción -a primeira da súa temporada 2008-2009- mañá venres 16, ás 10.00 horas (concertada para estudantes), e o sábado 17, ás 21.00 horas.

A SALA THE STAR, NO CONCELLO CORUÑÉS DE CARRAL, INCORPÓRASE Á REDE GALEGA DE SALAS

As tres redes da AGADIC ofrecerán máis de mil funcións e concertos até xuño Documento anexo

[14/01/2009] As tres redes de distribución de teatro, danza, maxia e música que promove a Consellaría de Cultura a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) ofrecerán un total de 1.015 funcións e concertos entre os meses de xaneiro e xuño, dos que 466 corresponden á Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV), 394 á Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) e 155 á Rede Galega de Salas (RGS).

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: