AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

OPTAN A 10 PRAZAS PARA A TEMPORADA ARTÍSTICA 2007-2008

Máis dun centenar de bailaríns/as participan na audición do CCG

[20/08/2007] Máis dun centenar de bailaríns e bailarinas chegados de diferentes países de Europa e América participan dende esta mañá na audición pública que o Centro Coreográfico Galego (CCG) está a desenvolver na sede do INEF Galicia, no concello coruñés de Oleiros. Os aspirantes optan ás 10 prazas convocadas co obxectivo de configurar o corpo de baile da unidade de danza do IGAEM para a temporada artística 2007-2008.

MÁIS DUN 87% DAS FORMACIÓNS REXISTRADAS SON GALEGAS

Un total de 486 grupos inscribíronse para participar na programación de 2008 da Rede Galega de Música ao Vivo

[14/08/2007] Un total de 486 grupos e solistas de todos os estilos musicais formalizaron a súa preinscrición para participar na programación de 2008 da Rede Galega de Música ao Vivo, circuíto promovido polo IGAEM e a asociación Clubtura do que actualmente forman parte 45 salas de toda Galiza. Estes locais teñen de prazo até o vindeiro 15 de setembro para elaborar as súas propostas de programación para todo o ano 2008, agás os meses de xullo e agosto.

DESTINA UN TOTAL DE 65.470 € Á NOVA MODALIDADE DE AXUDAS Á PROMOCIÓN MUSICAL

O IGAEM apoia a difusión de sete traballos discográficos galegos

[10/08/2007] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais apoia a difusión de sete traballos discográficos doutros tantos solistas e grupos galegos, producidos e/ou editados por empresas do país, a través da modalidade de axudas á promoción musical convocadas este ano por primeira vez. Do total de 28 proxectos presentados, os últimos discos de Brath, Cristina Pato, Emilio Rúa, GalegoZ, Faltriqueira, Nordestin@s e Sete Saias resultaron adxudicatarios de diferentes contías que oscilan entre os 7.500 e os 11.500 euros, sumando un total de 65.470,44 euros.

VIGO E SANTIAGO ACOLLERÁN CINCO CURSOS ENTRE SETEMBRO E NOVEMBRO

A Escola Superior de Arte Dramática e o IGAEM inauguran un programa de formación permanente para profesionais

[02/08/2007] A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) e o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) inician unha nova liña de colaboración orientada a potenciar a formación permanente dos profesionais das artes escénicas de Galiza a través da posta en marcha dun programa de cursos que, entre setembro e novembro, celebrará nas cidades de Vigo e Santiago cinco encontros que abranguen diferentes ámbitos tanto artísticos como técnicos.

ACOLLERÁN OUTRAS 661 ACTUACIÓNS DE TEATRO, DANZA E MÚSICA ENTRE OS MESES DE SETEMBRO E DECEMBRO

As redes de distribución do IGAEM ofreceron un total de 1.038 funcións durante o primeiro semestre do ano

[20/07/2007] As tres redes de distribución de espectáculos de teatro, música e danza que promove o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais pecharon o primeiro semestre do ano cun balance global de 1.038 funcións realizadas, das que 376 corresponden á Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), 99 á Rede Galega de Salas (RGS) e 563 á Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: