[19/01/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela retoma mañá O charco de Ulises, espectáculo de produción propia do Centro Dramático Galego (CDG), que ofrecerá ata o domingo día 24 sete novas representacións da montaxe dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, algunhas delas especialmente dirixidas a persoas con diversidade funcional, como a denominada ‘descontraída’ de mañá mércores ás 20,00 h., ou a inclusiva programada para o día 24 ás 17,30 h.
[11/01/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, estrea este xoves 14 de xaneiro a súa primeira produción propia da actual temporada, 'O charco de Ulises', un espectáculo de gran formato dirixido por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, que marca ademais o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución cara a reforzar o seu papel como motor escénico galego a partir da crise sanitaria.
[27/12/2020] O Centro Dramático Galego instalou na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, un sistema de cámaras e de realización ao vivo, pioneiro na nosa Comunidade, que permitirá tanto a gravación dos espectáculos como a súa emisión en streaming. Con esta medida, a compañía pública dá un paso adiante na transformación dixital, dotándose dunha ferramenta que busca facilitar a accesibilidade e a internacionalización dos procesos creativos.
[07/12/2020] A Xunta de Galicia impulsará os novos espectáculos de danza nos que traballan Andrea Quintana, Javier Martín e Kirenia Martínez Acosta, adxudicatarios da licitación de tres contratos en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG). Segundo a adxudicación publicada na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Xunta achegará máis de 50.000 euros ás tres propostas, asumindo así entre o 50 e o 80% dos seus respectivos orzamentos.
[02/12/2020] A Xunta de Galicia contribúe á estrea en Vigo de Cambio de foco, un proxecto de Ártika Cía. en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). A estrea será este venres día 4 ás 20,30 h. e repetiranse funcións o sábado 5 á mesma hora e o domingo 6 ás 20,00 h. sobre o escenario do espazo homónimo da avenida de Beiramar. Este último día, ao remate da función, desenvolverase unha charla coloquio a cargo da Asociación Pvlse sobre diversidade e identidade de xénero, a temática da montaxe.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 Ver novas anteriores