[11/10/2008] Un total de 144 programadores, distribuidores e produtores do sector escénico procedentes de diferentes puntos da península daranse cita a partir do vindeiro luns en Compostela para asistir á Feira Galega das Artes Escénicas 2008, que se desenvolverá até o venres 17 en seis espazos da cidade. O programa desta edición, a primeira organizada dende a nova AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), combina un cartel artístico de 25 espectáculos -14 de teatro para adultos, 8 de teatro para público infantil e 3 de danza- cun amplo abano de actividades paralelas como showcases de danza, dúas mesas de debate sobre distintos aspectos do sector e varias reunións internas.
[10/10/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) repón no Teatro Principal de Santiago de Compostela a súa produción Valdemuller, dentro da programación do XIII Festival Internacional de Títeres Galicreques 2008. A compañía institucional desenvolverá unha única función -mañá sábado día 11 ás 21.00 horas- desta montaxe de teatro de obxectos especialmente pensada para o público infantil e xuvenil.
[09/10/2008] A Axencia Galega das Industrias Culturais e a d’Orfeu Associação Cultural de Portugal estableceron un acordo para o intercambio de grupos galegos e portugueses entre a Rede Galega de Música ao Vivo e o circuíto musical OuTonalidades, que a devandita asociación promove dende hai 12 anos no país veciño.
[08/10/2008] Un total de 25 espectáculos -14 de teatro para adultos, 8 de teatro para público infantil e 3 de danza- conforman o cartel artístico da Feira Galega das Artes Escénicas 2008, que se desenvolverá do 13 ao 17 de outubro en seis espazos de Santiago de Compostela. Esta é a primeira edición da Feira que se organiza desde a nova AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Deporte, o que redundará nun maior perfil profesional do evento mediante a incorporación de novas fórmulas de encontro tanto cos axentes culturais coma co público.
[07/10/2008] Lagarta Lagarta ofrece esta semana no Salón Teatro de Santiago catro funcións (os días 9, 10 e 11 ás 20.30 horas e o domingo 12, ás 18.00) da súa última produción Aeroplanos , unha comedia orixinal do autor arxentino Carlos Gorostiza, na que a compañía galega reflexiona sobre as relacións humanas e que supón o debut como directora escénica da coñecida actriz Rosa Álvarez.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 Ver novas anteriores