[04/03/2009] Os espectáculos Unha primavera para Aldara de Teatro do Atlántico e Flores migratorias de Teatro D2 abren mañá día 5 a participación galega na Muestra de Teatro de las Autonomías, que se desenvolve durante todo o mes no Círculo de Bellas Artes de Madrid e onde a nosa escena está representada por 8 das 14 compañías en cartel. Esta é a décimo cuarta edición do encontro, consolidado xa como unha das principais citas da temporada teatral madrileña e que cada ano concita na capital do Estado o interese polas propostas xeradas noutros contornos escénicos.
[03/03/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este venres día 6 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago As dunas, obra escrita ad hoc por Manuel Lourenzo -Premio Nacional da Cultura Galega 2008 na categoría de Artes Escénicas- e dirixida por Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido", unha montaxe cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo.
[23/02/2009] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle dende hoxe e até o vindeiro venres 27 un obradoiro de escrita teatral a cargo do recoñecido dramaturgo francés Enzo Cormann. Este encontro, o terceiro dos catro que conforman o curso de escrita teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade III que dirixe Cándido Pazó, desenvólvese na biblioteca do Salón Teatro de Santiago en horario de 16.00 a 20.00 h.
[20/02/2009] A actuación do músico e cantante californiano Jeremy Jay no Salón Teatro, este domingo 22 de febreiro ás 22.00 horas, inaugura a terceira edición da extensión en Compostela do Festival Sinsal, un encontro de referencia en Galicia para a música contemporánea máis vangardista. Jay visita Santiago dentro da xira europea na que está a adiantar algúns temas do que será o seu novo traballo discográfico, Slow Dance.
[18/02/2009] A Consellaría de Cultura e Deporte destina este ano un total de 2.700.000 euros ás seis liñas de axuda ao sector audiovisual galego, que xestiona por vez primeira a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Xunto ás categorías referidas á produción audiovisual, creadores individuais, desenvolvemento de proxectos audiovisuais, produción de curtametraxes e videoclips e contidos interactivos, en 2009 incorpórase un novo tipo de subvencións de concesión automática para a amortización de custos de produción.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 Ver novas anteriores