[21/04/2009] O público que o desexe poderá asistir aos ensaios abertos do proxecto Assemblage de Laura Lizcano, apoiado polo CCG (Centro Coreográfico Galego) a través do programa da AGADIC Artistas en Residencia os días 22, 23 e 24 de abril de 16.00 h a 19.00 h na nave da AGADIC (Rúa de Polonia nº 30. Polígono Costavella. Santiago de Compostela). Para asistir a esta actividade, e debido ao aforo limitado do espazo, débese solicitar asistencia a través do enderezo electrónico: documentacion.ccg@xunta.es, indicado o teu nome e número de teléfono.
[21/04/2009] O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza, coa colaboración da Fundación Luís Seoane, un taller de interpretación de videodanza a cargo da creadora catalá Núria Font, que se desenvolve a partir de hoxe na sede da devandita Fundación na Coruña. A iniciativa consta dun total de 10 sesións, 9 delas especialmente dirixidas a alumnos de centros de ensino e unha destinada a público xeral. Esta última terá lugar o xoves 23 de abril ás 18.00 h, en tanto que as xornadas escolares rematan o día 24.
[21/04/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta este venres día 24 e o sábado 25 ás 20.30 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña As dunas, espectáculo resultante da obra escrita ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos na última produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, ecoloxía, corrupción, amor, desamor e sexo.
[21/04/2009] O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza, coa colaboración da Fundación Luís Seoane, un taller de interpretación de videodanza a cargo da creadora catalá Núria Font, que se desenvolve a partir de hoxe na sede da devandita Fundación na Coruña. A iniciativa consta dun total de 10 sesións, 9 delas especialmente dirixidas a alumnos de centros de ensino e unha destinada a público xeral. Esta última terá lugar o xoves 23 de abril ás 18.00 h, en tanto que as xornadas escolares rematan o día 24.
[16/04/2009] A Axencia Galega das Industrias Culturais foi seleccionada para participar en dous proxectos internacionais de promoción da danza e do circo -a rede de danza DÉPARTS e a iniciativa Xóvenes Talentos do Circo Europeo- financiados cun total de 2.625.043 euros a través do Programa Cultura 2007-2013 da Comisión Europea. O Centro Coreográfico Galego (CCG) e o Centro Dramático Galego (CDG) son, respectivamente, as unidades encargadas de xestionar a colaboración da nosa Comunidade en ambas iniciativas transfronteirizas.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores