[27/04/2009] O Teatro Principal de Ourense acollerá o mércores 29 e o xoves 30 de abril, ás 20.30 horas, senllas funcións da última proposta do Centro Coreográfico Galego (CCG), Giseliña, creada e dirixida polo coreógrafo catalán Cisco Aznar. A unidade de danza da Consellería de Cultura chegará a Ourense procedente de Xordania, onde hoxe presenta a súa nova produción no prestixioso festival de danza Zakharef in Motion que se está a celebrar en Amán e no que participa xunto a compañías de gran relevancia internacional, como Sidi Larbi Sherkaoui & Damien Jalet de Bélxica ou City Dance Ensemble de Washington.
[27/04/2009] O CDG presenta esta semana no Centro Cultural Caixanova de Vigo dúas funcións (mércores día 29 e xoves 30 ás 20.30 horas) de As dunas, espectáculo resultante da obra escrita ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo.
[27/04/2009] O Centro Coreográfico Galego (CCG) presenta hoxe ás 19.30 horas Giseliña no Teatro Al Hussein de Amann (Xordania). Esta función está dentro da programación do prestixioso festival de danza Zakharef in Motion, no que participan compañías de gran relevancia internacional como Sidi Larbi Sherkaoui & Damien Jalet de Bélxica ou City Dance Ensemble de Washington.
[23/04/2009] A Sala Nasa de Santiago de Compostela acolle a estrea en Galicia de Rúa Aire, unha peza para público infantil realizada por O Retrete de Dorian Gray en coprodución co Centro Dramático Galego. O espectáculo, que combina o teatro visual e físico coa manipulación de globos, poderá verse os días 24, 25 e 26 de abril e 1, 2 e 3 de maio (venres ás 21.30 horas e sábados e domingos ás 20.00 horas).
[22/04/2009] Teatro de Morcego conmemora no Salón Teatro de Santiago os seus 20 anos de traxectoria artística ofrecendo oito representacións de Kvetch: O Rosmón, o último espectáculo da compañía que tutela Celso Parada, no que se aborda un texto de Steven Berkoff baixo a dirección escénica de Álvaro Lavín e en coprodución con Seiva-Trupe de Porto. As representacións terán lugar os días 23, 24, 25, 26 e 30 de abril e 1, 2 e 3 de maio (xoves, venres e sábados ás 20.30 h e os domingos, ás 18.00 h) como parte da programación de primavera do escenario compostelán que xestiona o CDG.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 Ver novas anteriores