Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O VENRES 15 DE MAIO ÁS 13.00 HORAS NA FÁBRICA DE OLEIROS

Ensaio aberto de Ovay da compañía Quique Peón

[14/05/2009] Este venres 15 de maio ás 13.00 horas terá lugar na Fábrica de Oleiros o segundo ensaio aberto de Ovay montaxe da Cía. Quique Peón en coprodución co Centro Coreográfico Galego. Se queres asistir a esta actividade debes solicitalo a través do enderezo electrónico: documentacion.ccg@xunta.es indicando o teu nome e número de teléfono.

O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLE O VENRES 15 DE MAIO ESTE ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR QUICO CADAVAL A PARTIR DA OBRA ESCRITA AD HOC POR MANUEL LOURENZO

O Centro Dramático Galego continúa a xira de "As dunas" cunha función en Vilagarcía de Arousa Documento anexo

[12/05/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta este venres día 15 ás 21.00 horas no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa As dunas, espectáculo resultante da obra escrita ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, ecoloxía, corrupción, amor, desamor e sexo.

O RECITAL INSÍRESE NA EXTENSIÓN EN COMPOSTELA DO FESTIVAL SINSAL

O grupo Larsen ofrece xunto a Little Annie un concerto no Salón Teatro de Santiago o xoves 14

[12/05/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle este xoves 14 de maio a partir das 22.00 horas o concerto dos italianos Larsen, un dos grupos máis experimentais do panorama alternativo actual, que contará co engadido dunha voz amiga, a de Little Annie, diva do dub e do cabaret post punk e colaboradora de grupos como Coil ou o combo On-U Sound. O recital insírese na extensión en Santiago do Festival Sinsal, organizada en colaboración co Centro Dramático Galego-Salón Teatro, e dentro da que, esta mesma fin de semana, actuará a formación liderada por David Tibet, Current-93.

A PEZA, CREADA E DIRIXIDA POLO COREÓGRAFO CATALÁN CISCO AZNAR, REPRESENTARASE O SÁBADO 9 DE MAIO ÁS 20.30 HORAS

O CCG leva "Giseliña" ao Teatro Jofre de Ferrol

[07/05/2009] O Teatro Jofre de Ferrol acollerá o vindeiro sábado 9 de maio, ás 20.30 horas, a posta en escena da última produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), Giseliña, creada e dirixida por Cisco Aznar. Asemade, nos días previos á función e co obxectivo de achegar á cidadanía a linguaxe do coreógrafo catalán, a galega Estela Lloves impartirá dez talleres coreográficos na Capela do Centro Torrente Ballester.

"OBJECTS IN MIRROR ARE CLOSER THAN THEY APPEAR" PODERÁ VERSE EN SANTIAGO O SÁBADO 9 DE MAIO, ÁS 20.30 HORAS, E O DOMINGO 10, ÁS 18.00 H

O coreógrafo Salva Sanchis presenta a súa última creación no Salón Teatro de Santiago

[07/05/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana -sábado 9 ás 20.30 horas e domingo 10 ás 18.00 horas- dúas funcións do espectáculo Objects in mirror are closer than they appear, a última coreografía do catalán establecido en Bélxica Salva Sanchis que aborda a dicotomía entre a realidade e a aparencia. Utilizando a danza contemporánea entre outras formas de expresión, a peza reflexiona sobre o feito de que as aparencias non só se referiren a unha realidade senón que se converten na nosa realidade.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: