AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

DAVID TIBET E O SEU FOLK APOCALÍPTICO COMPARTIRÁN ESCENARIO CON JAMES BLACKSHAW, ANDREW LILES, BABY DEE, KEITH WOOD E ALEX NEILSON OS DÍAS 16 E 17 DE MAIO

Un dobre concerto especial de Current 93 porá o colofón á extensión do Festival Sinsal en Santiago Documento anexo

[03/04/2009] O folk apocalíptico de Current 93, a peculiar formación musical británica liderada por David Tibet, porá o colofón ao Festival Sinsal Extensión Salón Teatro cunha dobre carteleira de concertos especiais deseñados en exclusiva para Santiago. As dúas citas, que terán lugar o sábado 16 e o domingo 17 de maio ás 22.00 horas, constituirán de feito a segunda visita de Tibet á xeografía española, desta vez conforme á entente C93, que se presenta como un "círculo aberto e libérrimo de músicos".

ESTA PROGRAMACIÓN ESPECIAL DÁ COMEZO O SÁBADO COA ACTUACIÓN DA BANDA COMPOSTELÁ SUPERSOUND NA SALA EL ENSANCHE DE VIGO

A Rede Galega de Música ao Vivo ábrese a oito grupos noveis procedentes do Nsaio Xeral Documento anexo

[02/04/2009] A Rede Galega de Música ao Vivo acollerá entre os meses de abril e maio un total de oito concertos a cargo doutros tantos grupos noveis, que foron seleccionados a raíz da súa participación no I Encontro da Música Emerxente de Galicia, o Nsaio Xeral. A banda compostelá Supersound será a encargada de inaugurar esta programación especial coa actuación que ofrecerá o vindeiro sábado 4 de abril na sala El Ensanche de Vigo.

POSTA EN MARCHA XUNTO COA UNIVERSIDADE DE ALCALÁ E O MERCAT DE LES FLORS, CONSTARÁ DE 10 VOLUMES CON VERSIÓNS EN GALEGO, CATALÁN E CASTELÁN

O CCG inicia a colección editorial "Corpo de letra", pioneira no ámbito teórico da danza contemporánea

[31/03/2009] O Centro Coreográfico Galego, a Universidade de Alcalá (Madrid) e o Mercat de les Flors (Barcelona) acaban de poñer en marcha Corpo de letra: danza e pensamento, unha colección editorial pioneira no ámbito da teoría da danza contemporánea que se inaugura coa publicación de O esgotamento da danza. Performance e a política do movemento, do antropólogo e dramaturgo de orixe brasileira André Lepecki.

AS ORIXINAIS MELODÍAS DA BANDA SOARÁN O XOVES 2 DE ABRIL A PARTIR DAS 22.00 H

Continúa a extensión do Festival Sinsal no Salón Teatro co concerto do grupo británico Pram Documento anexo

[31/03/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle este xoves 2 de abril, ás 22.00 horas, a actuación dos británicos Pram, un dos grupos máis oníricos do panorama alternativo actual. A banda, formada na súa base por Sam Owen, Matt Eaton, Max Simpson e a espectral voz de Rosie Cuckston, protagoniza a segunda cita da extensión en Santiago do Festival Sinsal, un encontro de referencia en Galicia para a música contemporánea máis vangardista. Pram ofrecerá temas do seu último traballo discográfico, The Moving Frontier (2007), aínda que actuarán sen a súa vocalista, apartada temporalmente dos escenarios.

A XEFA DO DEPARTAMENTO INTERNACIONAL DO ROYAL COURT THEATRE DE LONDRES EXERCITARÁ CON 15 ALUMNOS RECURSOS PARA A CONSTRUCIÓN DUN TEXTO DRAMÁTICO

Elyse Dodgson imparte o último obradoiro do curso do CDG "Pistas para unha dramaturxia da actualidade III"

[30/03/2009] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle a partir de hoxe a cuarta e última parte do curso de escritura teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade III, impartida pola autora británica Elyse Dodgson. Un total de 15 alumnos participa nesta actividade, que se desenvolverá na biblioteca do Salón Teatro até o venres 3 de abril en horario de 17.00 a 20.00 horas.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: