[22/05/2009] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) patrocina unha nova edición do Plan de Formación Permanente da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) que, dirixido aos profesionais das artes escénicas, abordará diferentes ámbitos artísticos e técnicos do teatro e da danza a través dos oito cursos que se desenvolverán entre os meses de maio e outubro en Santiago, Ribadavia, Vigo e A Coruña.
[21/05/2009] Mañá venres 22 de maio ás 13.00 horas terá lugar na Fábrica de Oleiros o segundo ensaio aberto de Ovay, montaxe da Cía. Quique Peón en coprodución co Centro Coreográfico Galego. Se queres asistir a esta actividade debes solicitalo a través do enderezo electrónico: documentacion.ccg@xunta.es indicando o teu nome e número de teléfono
[21/05/2009] O Teatro Municipal Área Panorámica de Tui acollerá este venres 22 de maio, ás 21.30 horas, a posta en escena da última produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), Giseliña, creada e dirixida por Cisco Aznar. Asemade e co obxectivo de achegar a danza contemporánea a cidadanía, máis concretamente a linguaxe de Cisco Aznar, a coreógrafa e bailarina galega Estela Llovés impartirá o venres 22 de 20.30 h a 22.30 h no Centro Cultural San Fins un taller de danza contemporánea para públicos.
[20/05/2009] O Salón Teatro acolle esta fin de semana (sábado 23 ás 21.00 horas e domingo 24 ás 18.00) a estrea de Delimvois, un espectáculo a cargo do grupo portugués Teatro Oficina en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), realizado a partir do texto escrito ad hoc polo Premio Nacional de Literatura Dramática Rubén Ruibal. Baixo a dirección de Marcos Barbosa, responsable artístico de Teatro Oficina, este espectáculo en portugués e dirixido a maiores de 12 anos conta coa interpretación de Diana Sá, Emílio Gomes e Ivo Santos.
[20/05/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta esta semana no Teatro Principal de Ourense dúas funcións (venres 22 e sábado 23 ás 20.30 horas) de As dunas, espectáculo resultante da obra escrita especificamente por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 Ver novas anteriores