AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

A PEZA EXHIBIRASE NO TEATRO ZORRILLA A PARTIR DAS 21.00 HORAS

O Centro Coreográfico Galego representa o sábado 16 en Badalona "Giseliña", de Cisco Aznar Documento anexo

[15/05/2008] O Teatro Zorrilla de Badalona acollerá este sábado 16 de maio, ás 21.00 horas, a posta en escena da última produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), Giseliña, creada e dirixida por Cisco Aznar. A peza está xerando gran expectación entre o público badalonés, de xeito que xa están practicamente esgotadas as localidades dispoñibles para a venda anticipada. Por este motivo, o mesmo sábado 16 ás 18.00 horas realizarase unha función especial para alumnos de diversas escolas de danza.

O CDG INICIARÁ A CONTINUACIÓN A XIRA DO ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR DANI SALGADO A PARTIR DO PROXECTO DE ESCRITA CONXUNTA A CARGO DE JACOBO PAZ, VANESA SOTELO E RUBÉN RUIBAL

'Estigma' despídese de Compostela con tres últimas funcións no Salón Teatro

[15/05/2008] O espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Estigma despídese esta fin de semana do Salón Teatro de Santiago con tres últimas funcións que terán lugar o venres 16 e o sábado 17, ás 20.30 horas, e o domingo 18, ás 18.00. A continuación, o CDG iniciará a xira galega desta produción dirixida por Dani Salgado a partir do proxecto de dramaturxia residente DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo dos autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática.

O CCG e o Mercat de les Flors organizan na Illa de San Simón o Mov-s Galicia 08

[15/05/2008] Do 15 ao 18 de xuño de 2008 terá lugar na Illa de San Simon (Ria de Vigo) o Mov-s Galicia 2008, unha colaboración entre o Centro Coreográfico Galego e o Mercat de les Flors. O tema que se propón para esta edición e arredor do que xirarán as diferentes actividades é: ‘As condicións para a creación coreográfica’.

Se queres inscribirte podes facelo a través da web:
www.mov-s.org
Para unha información máis detallada pincha aquí.

ESTE TALLER ESTARÁ EN RIVADABIA O 22 E O 23 DE XULLO

O Centro Coreográfico Galego achega a danza á cidadanía a través dun programa de formación para públicos

[12/05/2008] O Centro Coreográfico Galego está levando a cabo, de xeito paralelo á xira da súa última produción ‘Kiosco das almas perdidas’, unha serie de accións formativas encamiñadas a achegar a danza contemporánea ao público, en concreto as linguaxes escénicas presentes en ‘Kiosco das almas perdidas’.

UN TOTAL DE 15 ALUMNOS PARTICIPAN NESTA ACTIVIDADE DURANTE TODA A SEMANA

Un obradoiro a cargo de Patrick Lerch pecha o curso do CDG 'Pistas para unha dramaturxia da actualidade II'

[05/05/2008] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle esta semana a cuarta e última parte do curso de escrita teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade II , impartido polo dramaturgo francés Patrick Lerch e baixo a dirección e coordinación de Cándido Pazó. Un total de 15 alumnos participan nesta actividade, que se desenvolverá na biblioteca do Salón Teatro até o venres día 9 de 17.00 a 20.00 h.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: