AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

"OBJECTS IN MIRROR ARE CLOSER THAN THEY APPEAR" PODERÁ VERSE EN SANTIAGO O SÁBADO 9 DE MAIO, ÁS 20.30 HORAS, E O DOMINGO 10, ÁS 18.00 H

O coreógrafo Salva Sanchis presenta a súa última creación no Salón Teatro de Santiago

[07/05/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana -sábado 9 ás 20.30 horas e domingo 10 ás 18.00 horas- dúas funcións do espectáculo Objects in mirror are closer than they appear, a última coreografía do catalán establecido en Bélxica Salva Sanchis que aborda a dicotomía entre a realidade e a aparencia. Utilizando a danza contemporánea entre outras formas de expresión, a peza reflexiona sobre o feito de que as aparencias non só se referiren a unha realidade senón que se converten na nosa realidade.

O TEATRO MUNICIPAL ACOLLE O VENRES 8 E O SÁBADO 9 ESTA COMEDIA ONÍRICA SOBRE ESPECULACIÓN URBANÍSTICA, CORRUPCIÓN, AMOR, DESAMOR E SEXO

O Centro Dramático Galego recala esta semana en Tui con dúas funcións do espectáculo "As dunas" Documento anexo

[06/05/2009] O Centro Dramático Galego presenta esta semana no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui dúas funcións (venres 8 ás 21.30 horas e sábado 9 ás 20.30 horas) de As dunas, espectáculo resultante da obra escrita ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos na última produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, ecoloxía, amor, desamor e sexo.

O VINDEIRO 8 DE MAIO ÁS 13.00 HORAS NA FÁBRICA DE OLEIROS

Ensaio aberto de Ovay da compañía Quique Peón

[05/05/2009] O venres 8 de maio ás 13.00 horas terá lugar na Fábrica de Oleiros un ensaio aberto de Ovay, montaxe da Cía. Quique Peón en coprodución co Centro Coreográfico Galego . Se queres asistir a esta actividade debes solicitalo a través do enderezo electrónico: documentacion.ccg@xunta.es indicando o teu nome e número de teléfono

O ESGOTAMENTO DA DANZA DE ANDRÉ LEPECKI

Presentación en Lisboa do primeiro número da colección Corpo de Letra

[30/04/2009] Este sábado 2 de maio ás 17.30 h, dentro do programa de Rede Dança 09, presentarase no Jardim de Inverno do Teatro S. Luiz de Lisboa o primeiro número da colección Corpo de Letra, O esgotamento da danza: letra e pensamento de André Lepecki. Na presentación intervirán o autor da obra, a xornalista portuguesa especializada en danza Claudia Galhós e a directora do Centro Coreográfico Galego Natalia Balseiro. A presentación do libro terá lugar despois da exposición pública dos resultados deste encontro entre profesionais do mundo da danza e outras artes do movemento.

A PEZA, CREADA E DIRIXIDA POLO COREÓGRAFO CATALÁN CISCO AZNAR, REPRESÉNTASE NO PAZO DA CULTURA O DOMINGO 3 DE MAIO ÁS 20.00 HORAS

O Centro Coreográfico Galego clausura o Festival Primavera en Danza de Carballo con "Giseliña" Documento anexo

[30/04/2009] O Pazo da Cultura de Carballo acollerá o domingo 3 de maio, ás 20.00 horas, a posta en escena da última proposta do Centro Coreográfico Galego (CCG), Giseliña, creada e dirixida polo coreógrafo catalán Cisco Aznar. Con esta representación clausúrase, ademais, a sétima edición do Festival Primavera en Danza que, organizado polo Concello de Carballo, ofrece dende o pasado día 23 un cartel no que se combina a exhibición de espectáculos con diferentes actividades dirixidas ao público xeral, como charlas, talleres ou encontros cos artistas.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: