[26/10/2009] A música galega estará presente entre os próximos 28 de outubro e 1 de novembro no Womex, a máis importante feira de world music do circuíto internacional, que desenvolverá neses días en Copenhague a súa edición de 2009. Dez empresas discográficas, dúas asociacións profesionais e o apoio institucional da Consellería de Cultura e Turismo mediante a AGADIC despregarán na capital dinamarquesa todo o potencial dos artistas galegos actuais, identificados baixo a marca Galician Tunes, cunha estratexia dirixida fundamentalmente aos mercados europeos e latinoamericanos.
[23/10/2009] As comunidades autónomas de Andalucía, Castela-A Mancha, Valencia, Euscadi, Madrid e Navarra e as localidades portuguesas de Abrantes, Estarreja, Moita e Palmela programarán nos vindeiros meses un total de 80 funcións de espectáculos galegos, a meirande parte delas de teatro infantil e danza, a raíz dos contratos pechados ata o momento no marco Feira Galega das Artes Escénicas 2009. Os programadores chegados dende fóra de Galicia para participar neste encontro profesional, que hoxe pecha as súas portas en Santiago, teñen de prazo ata o 31 de outubro para formalizar a contratación de montaxes galegas dentro do programa de bonificacións á distribución exterior.

[22/10/2009] O Salón Teatro acolle esta fin de semana (sábado 24 ás 20.30 h e domingo 25 ás 18.00 h) a posta en escena da última produción de Teatre Lliure, Nixon-Frost. Baixo a dirección de Álex Rigola e cun elenco de 10 actores e actrices que presenta a Lluís Marco e Joan Carreras nos papeis protagonistas, a emblemática compañía catalá recrea o episodio das desculpas televisivas do ex-presidente norteamericano Richard Nixon trala súa dimisión polo caso Watergate.
[21/10/2009] A programación dos novos formatos escénicos centrou esta tarde o segundo dos debates celebrados no marco da XVII Feira Galega das Artes Escénicas, no que se puxeron en común diferentes fórmulas de integración das linguaxes máis contemporáneas e anovadoras nas carteleiras teatrais. Os directores artísticos do Teatro de la Laboral de Xixón, Mateo Feijóo; do Festival ALT de Vigo, Lola Correa, e dos Teatros de Cádiz, Pepe Vélez, participaron nesta mesa redonda, moderada por Arantza Villar, actriz dos grupos galegos Nut Teatro e Chévere.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 Ver novas anteriores