Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A MOSTRA, NA QUE ESTARÁ ACOMPAÑADA DAS BAILARINAS JANET NOVÁS E ANDREA QUINTANA, TERÁ LUGAR MAÑÁ DÍA 1 ÁS 19.00 HORAS NA NAVE DA AGADIC

Rut Balbis presenta en Santiago a peza "Tres" como artista residente do Centro Coreográfico Galego

[30/09/2009] A coreógrafa e bailarina Rut Balbis, artista residente do Centro Coreográfico Galego (CCG) co proxecto Tres, presentará mañá xoves 1 de outubro en Santiago o resultado deste proceso creativo no marco dunha mostra aberta aos profesionais e público interesados que terá lugar a partir das 19.00 horas na nave da AGADIC no Polígono Costavella (Rúa Polonia, nº 30). Trala interpretación da peza, na que Balbis estará acompañada polas bailarinas Janet Novás e Andrea Quintana, abrirase un coloquio entre os artistas e os asistentes.

OS PROXECTOS "3" E "ARQUITECTURAS INTERIORES" EXHIBIRANSE MAÑÁ A PARTIR DAS 20.30 HORAS

Víctor Zambrana e Carolina Fernández amosan no Torrente Ballester de Ferrol o resultado das súas residencias artísticas no CCG

[29/09/2009] Os creadores Víctor Zambrana e Carolina Fernández rematan mañá día 30 as súas respectivas residencias artísticas no Centro Coreográfico Galego cunha mostra aberta ao público dos traballos escénicos resultantes: Tres e Arquitecturas interiores, respectivamente. Esta primeira toma de contacto cos espectadores celebrarase a partir das 20.30 horas no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, espazo que durante este mes de setembro acolleu ambos procesos creativos. Tralas presentacións, abrirase un coloquio entre os artistas e os asistentes para afondar nos distintos aspectos das súas propostas.

Roberto Varela presidiu a primeira reunión do novo Consello de Dirección da AGADIC Documento anexo

[29/09/2009] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presidiu na mañá de hoxe a primeira reunión do novo Consello de Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), do que tamén forman parte como vogais o director xeral de Promoción e Difusión Cultural, Francisco López Rodríguez; a subdirectora xeral de Difusión Cultural e Publicacións, Cristina Fabeiro Varela; o director da AGADIC, Juan Carlos Fernández Fasero; a directora xeral de Comercio, María Nava Castro Domínguez; e a secretaria xeral e do Patrimonio, Rosa María Pedrosa Pedrosa.

O DIRECTOR DA AGADIC ANUNCIA A PRESENZA DA MÚSICA GALEGA NO WOMEX DE COPENHAGUE E NA BAFIM DE BOS AIRES

Comeza o circuíto RGMV&OuTonalidades con senllos concertos en Bueu e Amarante Documento anexo

[23/09/2009] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo, a asociación galega Clubtura e a d’Orfeu Associação Cultural colaboran por segundo ano consecutivo na organización do programa de intercambio musical entre a Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) e o circuíto portugués OuTonalidades, no marco do que 11 grupos galegos de diferentes estilos (blues, jazz, folk fusion, rock, etc.) actuarán en Portugal e 6 bandas portuguesas tocarán en Galicia.

PRESENTADOS CATRO NOVOS TÍTULOS DA "BILIOTECA DE TEATRO" COEDITADA CON GALAXIA

Roberto Varela compromete un apoio "eficiente e estable" ao sector editorial e á escena galega

[15/09/2009] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presentou hoxe os catro últimos títulos sobre teoría e práctica escénica da colección "Biblioteca de Teatro", que publican en réxime de coedición a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a Editorial Galaxia. Coa incorporación destes novos volumes, son 23 os libros publicados nas tres series das que consta esta colección, que nos seus oito anos de existencia converteuse xa nunha referencia a nivel peninsular no ámbito dos estudos teatrais.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: