[16/12/2009] O encontro "Alfándega audiovisual" centrará mañá a actividade do Foro CREATIVA da industria cultural, cunha xornada dedicada a debater sobre o papel dos festivais cinematográficos e de videocreación que se celebran no Sur de Galicia e no Norte de Portugal. O Centro Sociocultural Caixa Galicia de Vigo acollerá un total de cinco mesas redondas, nas que intervirán unha vintena de directores de cine e de festivais, tralas que se ofrecerá unha escolma de pezas producidas en centros formativos do audiovisual da provincia de Pontevedra.
[15/12/2009] A música incorpórase maña ás actividades do Foro CREATIVA cunha xornada de traballo sobre a industria musical de Galicia e o Norte de Portugal e as actuacións de The Blows, Roi Casal e Anxo Lorenzo, como parte da carteleira de concertos asociada a este programa transfronteirizo e multidisciplinar que organizan a AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo maila Direccão Regional de Cultura do Norte do Ministerio de Cultura portugués ata o vindeiro día 19 nunha decena de espazos da cidade olívica e a súa área de influencia.
[15/12/2009] A compañía galega Lagarta Lagarta ocupa esta semana o Salón Teatro de Santiago de Compostela coa súa última produción, O segredo dos Hoffman , unha adaptación de Roberto Salgueiro da novela homónima do autor catalán Alejandro Palomas. Con dirección escénica da coñecida actriz Rosa Álvarez, o cuarteto interpretativo que compoñen Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constenla e Rebeca Montero ofrecerá catro funcións desta montaxe o xoves 17, o venres 18 e o sábado 19 ás 20.30 horas; e o domingo 20 ás 18.00.
[14/12/2009] O Foro Creativa de Artes Escénicas desenvolverase a partir de mañá e até o próximo 18 de decembro na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo coa participación de 13 relatores galegos e portugueses, todos eles expertos en distintos ámbitos profesionais do teatro e a danza. O de Artes Escénicas é o primeiro dos catro foros de debate e intercambio que comprende o programa CREATIVA, xa que ao longo dos vindeiros días iniciaranse outros tres encontros similares dedicados á industria musical, á produción gráfica e á audiovisual.
[11/12/2009] A saxofonista e percusionista coruñesa Chefa Alonso impartirá do 16 ao 18 de decembro en Santiago o obradoiro de improvisación libre co que se pechará o ciclo de tres master class de música tradicional que organiza a AGADIC na sede da Escola de Altos Estudos Musicais. A través deste curso, de caracter eminentemente práctico, os alumnos terán a oportunidade de achegarse de xeito gradual e imaxinativo a diferentes técnicas de improvisación libre, abordadas dende unha ampla perspectiva canto a influencias e estilos, máis alá da súa habitual vinculación ao ámbito do jazz.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores