[22/10/2009] O Salón Teatro acolle esta fin de semana (sábado 24 ás 20.30 h e domingo 25 ás 18.00 h) a posta en escena da última produción de Teatre Lliure, Nixon-Frost. Baixo a dirección de Álex Rigola e cun elenco de 10 actores e actrices que presenta a Lluís Marco e Joan Carreras nos papeis protagonistas, a emblemática compañía catalá recrea o episodio das desculpas televisivas do ex-presidente norteamericano Richard Nixon trala súa dimisión polo caso Watergate.
[21/10/2009] A programación dos novos formatos escénicos centrou esta tarde o segundo dos debates celebrados no marco da XVII Feira Galega das Artes Escénicas, no que se puxeron en común diferentes fórmulas de integración das linguaxes máis contemporáneas e anovadoras nas carteleiras teatrais. Os directores artísticos do Teatro de la Laboral de Xixón, Mateo Feijóo; do Festival ALT de Vigo, Lola Correa, e dos Teatros de Cádiz, Pepe Vélez, participaron nesta mesa redonda, moderada por Arantza Villar, actriz dos grupos galegos Nut Teatro e Chévere.
[21/10/2009] A Feira Galega das Artes Escénicas 2009 ofrecerá mañá a súa última xornada de funcións, na que as compañías Os Monicreques de Kukas, O Retrete de Dorian Gray, Teatro de Ningures, Talía Teatro, Teatro do Atlántico e Sarabela Teatro amosarán as súas últimas producións teatrais. Porén, a actividade comercial desta décimo sétima edición do encontro, organizado pola AGADIC, continuará ata o venres 23 na zona de mercado instalada no Auditorio de Galicia de Santiago.
[20/10/2009] Xornalistas e especialistas en comunicación debateron hoxe en Santiago sobre diferentes estratexias para lograr unha maior presenza dos espectáculos de teatro e danza nos medios informativos, no marco da primeira mesa de debate da Feira Galega das Artes Escénicas 2009. Os profesionais participantes neste foro achegaron ideas para intentar superar as principais eivas na difusión social da actividade escénica, como a creación dun pull de empresas especializadas en comunicación para asesorar ás compañías galegas, ou a procura dun "gran pacto" entre os medios e os axentes culturais cara á unha maior repercusión informativa do teatro e a danza.
[20/10/2009] As compañías galegas Galitoon, con Rosalía, a pulga que escribía, e Mofa e Befa, con Shakespeare para ignorantes, protagonizarán mañá as dúas estreas absolutas da Feira Galega das Artes Escénicas 2009, nunha terceira xornada de actividade artística e comercial na que Berrobambán Teatro, Teatro do Morcego e Quique Peón exhibirán tamén os seus últimos espectáculos. A AGADIC organiza esta décimo sétima edición do evento, que se desenvolve ata o vindeiro venres 23 en cinco espazos de Santiago e á que asisten máis de 130 programadores, distribuidores e produtores de toda a Península.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 Ver novas anteriores