Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

ROBERTO VARELA PRESENTOU HOXE ESTE PROGRAMA TRANSFRONTEIRIZO E MULTIDISCIPLINAR, QUE SE DESENVOLVERÁ ATA O DÍA 19 NUNHA DECENA DE ESPAZOS DA CIDADE OLÍVICA

Comeza en Vigo o Foro Creativa da industria cultural con 16 mesas de debate e 13 espectáculos Documento anexo

[10/12/2009] A industria cultural de Galicia e do Norte de Portugal dáse cita ata o vindeiro día 19 en Vigo con motivo da celebración do Foro CREATIVA, un programa tranfronteirizo e interdisciplinar que se articula en torno a catro foros sectoriais (artes escénicas, música, audiovisual e produto gráfico), cun total de 16 mesas de debate, relatorios e reunións profesionais, ademais de ofrecer un cartel artístico con 13 espectáculos escénicos e musicais protagonizados por artistas galegos e portugueses. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presentou hoxe este encontro que, con financiamento a cargo dos fondos FEDER da Unión Europea, organizan a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a Direccão Regional de Cultura do Norte do Ministerio de Cultura portugués en 10 espazos da cidade olívica e a súa área de influencia.

O CONCERTO DO GRUPO DE BROOKLYN, CONSIDERADO UNHA DAS PROMESAS DA ESCENA "UNDERGROUND" NORTEAMERICANA, DARÁ COMEZO ÁS 22.00 H

A banda estadounidense Woods actúa mañá no Salón Teatro dentro do Festival Sinsal Documento anexo

[09/12/2009] O Salón Teatro acolle mañá xoves día 10, ás 22.00 horas, unha nova cita coa música de vangarda da man do grupo norteamericano Woods, co que se clausura a programación de 2009 da extensión do Festival Sinsal en Santiago. Considerada como unha das promesas do underground estadounidense, a banda de Brooklyn visita Compostela dentro da xira na que está a presentar o seu último traballo discográfico, Songs of Shame, onde volve facer gala dunha mestura de sons e estilos que a crítica define como folk alternativo con tinturas psicodélicas.

ACTUARÁN CINCO COMPAÑÍAS ENTRE O 26 E O 30 DE DECEMBRO

O Salón Teatro acolle no Nadal unha mostra de teatro e danza para público infantil

[07/12/2009] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá do 26 ao 30 de decembro a Mostra de Teatro Infantil de Nadal, na que cinco compañías escenificarán os seus últimos espectáculos especialmente deseñados para público familiar. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG), participarán no ciclo os grupos galegos Trompicallo e Caramuxo, o colectivo de danza catalá Àngels Margarit / Cía. Mudances, o portugués Teatro de Montemuro e a compañía A Priori Producciones, procedente de Guadalaxara.

O CERTAME TEN UNHA DOTACIÓN TOTAL DE 6.000 EUROS PARA AS CATEGORÍAS DO XURADO E DO PÚBLICO

A AGADIC patrocina a cuarta edición do Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico Documento anexo

[05/12/2009] O Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico, que promoven a Radio Galega e o Centro Dramático Galego (CDG), publicou a convocatoria da súa cuarta edición, para a que xa está aberto o prazo de presentación de orixinais. A iniciativa, que conta co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo, ten por finalidade o fomento da escrita de textos dramáticos para a radio.

CONTINÚA ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ESTE ENCONTRO, DIRIXIDO TANTO A MÚSICOS PROFESIONAIS COMO A ESTUDANTES DE CONSERVATORIOS E ESCOLAS DE MÚSICA

Carlos Castro imparte un curso de percusión dentro do ciclo de "master class" de música tradicional Documento anexo

[02/12/2009] O percusionista galego Carlos Castro, xefe do departamento de Percusión do Conservatorio Superior de Música de Vigo e batería do grupo Fía na Roca, impartirá a partir do vindeiro venres día 4 o curso "A percusión non tradicional na música folk galega" como parte do ciclo de master class de música tradicional que organiza a AGADIC na sede da Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago. O obxectivo do encontro -que se estenderá aos días 11 e 18 de decembro- é proporcionar unha nova visión sobre a utilización dos instrumentos de percusión non tradicionais que sirva para orientar e completar o papel do percusionista dentro da música folk.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: