Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O CENTRO SOCIOCULTURAL CAIXA GALICIA DE VIGO ACOLLERÁ O ENCONTRO "ALFÁNDEGA AUDIOVISUAL" SOBRE OS FESTIVAIS DO SUR DE GALICIA E DO NORTE DE PORTUGAL

Creativa debaterá sobre o audiovisual coa participación dunha vintena de directores de cine e de festivais Documento anexo

[16/12/2009] O encontro "Alfándega audiovisual" centrará mañá a actividade do Foro CREATIVA da industria cultural, cunha xornada dedicada a debater sobre o papel dos festivais cinematográficos e de videocreación que se celebran no Sur de Galicia e no Norte de Portugal. O Centro Sociocultural Caixa Galicia de Vigo acollerá un total de cinco mesas redondas, nas que intervirán unha vintena de directores de cine e de festivais, tralas que se ofrecerá unha escolma de pezas producidas en centros formativos do audiovisual da provincia de Pontevedra.

A ILLA DE SAN SIMÓN ACOLLERÁ UNHA XORNADA DE TRABALLO SOBRE A SITUACIÓN DOS FESTIVAIS DE MÚSICA, A DISTRIBUCIÓN ARTÍSTICA E A INDUSTRIA FONOGRÁFICA DE GALICIA E O NORTE DE PORTUGAL

A música centra mañá as actividades de Creativa cun foro profesional e os concertos de The Blows, Roi Casal e Anxo Lorenzo Documento anexo

[15/12/2009] A música incorpórase maña ás actividades do Foro CREATIVA cunha xornada de traballo sobre a industria musical de Galicia e o Norte de Portugal e as actuacións de The Blows, Roi Casal e Anxo Lorenzo, como parte da carteleira de concertos asociada a este programa transfronteirizo e multidisciplinar que organizan a AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo maila Direccão Regional de Cultura do Norte do Ministerio de Cultura portugués ata o vindeiro día 19 nunha decena de espazos da cidade olívica e a súa área de influencia.

A NOVELA DE ALEJANDRO PALOMAS FOI ADAPTADA POR ROBERTO SALGUEIRO E CONTA CON DIRECCIÓN ESCÉNICA DE ROSA ÁLVAREZ

A compañía Lagarta Lagarta representa durante catro días no Salón Teatro "O segredo dos Hoffman" Documento anexo

[15/12/2009] A compañía galega Lagarta Lagarta ocupa esta semana o Salón Teatro de Santiago de Compostela coa súa última produción, O segredo dos Hoffman , unha adaptación de Roberto Salgueiro da novela homónima do autor catalán Alejandro Palomas. Con dirección escénica da coñecida actriz Rosa Álvarez, o cuarteto interpretativo que compoñen Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constenla e Rebeca Montero ofrecerá catro funcións desta montaxe o xoves 17, o venres 18 e o sábado 19 ás 20.30 horas; e o domingo 20 ás 18.00.

O PROGRAMA PARALELO DE FUNCIÓNS PRESENTA NA ESAD NOS PRÓXIMOS DÍAS OS ESPECTÁCULOS DE PERIPÉCIA TEATRO, NÚCLEO DE EXPERIMENTAÇÃO COREOGRÁFICA E GALITOON

O Foro Creativa de Artes Escénicas principia mañá en Vigo coa participación de 13 expertos galegos e portugueses

[14/12/2009] O Foro Creativa de Artes Escénicas desenvolverase a partir de mañá e até o próximo 18 de decembro na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo coa participación de 13 relatores galegos e portugueses, todos eles expertos en distintos ámbitos profesionais do teatro e a danza. O de Artes Escénicas é o primeiro dos catro foros de debate e intercambio que comprende o programa CREATIVA, xa que ao longo dos vindeiros días iniciaranse outros tres encontros similares dedicados á industria musical, á produción gráfica e á audiovisual.

A SAXOFONISTA E PERCUSIONISTA GALEGA INTRODUCIRÁ OS ALUMNOS NAS TÉCNICAS BÁSICAS DE IMPROVISACIÓN, NO TRABALLO RÍTMICO E NA ESTRUTURACIÓN DESTE TIPO DE PEZAS

Chefa Alonso pecha o ciclo de "master class" de música tradicional cun obradoiro sobre improvisación libre Documento anexo

[11/12/2009] A saxofonista e percusionista coruñesa Chefa Alonso impartirá do 16 ao 18 de decembro en Santiago o obradoiro de improvisación libre co que se pechará o ciclo de tres master class de música tradicional que organiza a AGADIC na sede da Escola de Altos Estudos Musicais. A través deste curso, de caracter eminentemente práctico, os alumnos terán a oportunidade de achegarse de xeito gradual e imaxinativo a diferentes técnicas de improvisación libre, abordadas dende unha ampla perspectiva canto a influencias e estilos, máis alá da súa habitual vinculación ao ámbito do jazz.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: