[25/11/2021] A produción do Centro Dramático Galego (CDG) 'O charco de Ulises', dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, estará este sábado 27 na Coruña cunha única función no Teatro Rosalía Castro, ás 20,30 horas. A representación enmárcase na xira iniciada a comezos de mes pola unidade de produción teatral da Xunta de Galicia e que está a levar a peza por 20 concellos galegos e do norte de Portugal ata o 12 de decembro, ademais de a Uruguai e Arxentina.
[23/11/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta, comezou a primeira fase dos ensaios do seu novo espectáculo de produción propia, 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', baixo a dirección de Marta Pazos. Así, o equipo artístico e de interpretación traballa xa na posta en escena da peza creada a partir da dramaturxia de AveLina Pérez galardoada co Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2018, cara á súa estrea en abril de 2022 no Salón Teatro de Santiago de Comnpostela.
[20/11/2021] A Xunta de Galicia impulsará en 2022 unha programación extensa e descentralizada para conmemorar o centenario de María Casares e dar visibilidade ao legado da artista tanto dentro como fóra da Comunidade a través de propostas dixitais, editoriais, escénicas e audiovisuais que percorrerán toda a súa pegada histórica desde diferentes plataformas e linguaxes.
[19/11/2021] O Salón Teatro de Santiago será a principal sede do 'Encontro para a formación e a innovación no circo D10!', organizado pola compañía Pistacatro e que chega este ano á súa sexta edición. No marco desta iniciativa, o escenario do Centro Dramático Galego (CDG) acolle os vindeiros días 24, 25 e 26 tres espectáculos deste xénero abertos ao público e mais o obradoiro de dramaturxia no circo 'Escribir o risco', que terá lugar no compostelán Centro Sociocultural do Romaño.
[18/11/2021] O Centro Dramático Galego cruzará por primeira vez o Atlántico para representar a produción 'O charco de Ulises', dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, en Arxentina e Uruguai. Deste xeito, a unidade teatral da Xunta, apoiada pola Secretaría Xeral da Emigración, levará esta adaptación da Odisea de Homero ao contexto da emigración galega a Montevideo e Bos Aires, os días 1 e 2 de decembro.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 Ver novas anteriores