Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

MÁIS DE 2.000 ESPECTADORES ASISTIRON XA ESTA PRIMEIRA POSTA EN ESCENA DA OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO, DIRIXIDA POR XÚLIO LAGO

O Centro Dramático Galego ofrece as últimas funcións de "As actas escuras" no Salón Teatro de Santiago Documento anexo

[04/02/2010] Máis de 2.000 espectadores asistiron ata o momento á nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), As actas escuras, que esta fin de semana ofrecerá as súas tres últimas funcións no Salón Teatro de Santiago (venres 5 e sábado 6, ás 20.30 horas, e domingo 7, ás 18.00 h). En total, serán 17 as representacións que a compañía pública terá ofrecido en Compostela con esta obra de Roberto Vidal Bolaño, recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices.

AS COMPAÑÍAS GALEGAS DUELIRIUM E CIRCO EXPRESO EXHIBIRÁN AS SÚAS PROPOSTAS ANTE UN XURADO INTERNACIONAL XUNTO CON CANDIDATOS DE FINLANDIA, FRANCIA E GRAN BRETAÑA

O CDG organiza unha das mostras clasificatorias do programa Xóvenes Talentos do Circo Europeo

[29/01/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza esta fin de semana unha mostra clasificatoria do programa Xóvenes Talentos do Circo Europeo (Jeunes Talents Cirque Europe), na que seis das 34 formacións finalistas exhibirán os seus respectivos proxectos artísticos ante o xurado internacional encargado de elixir os beneficiarios desta iniciativa europea de apoio a novos creadores no ámbito das artes circenses. A nave da escola Circonove no polígono do Milladoiro (Ames) acollerá este encontro interno co comité de selección, ao que conseguiron acceder dúas propostas remitidas dende Galicia: Aviadoras, de Duelirium, e Losing Grip, de Circo Expreso.

REPRESENTANTES DAS ASOCIACIÓNS DO SECTOR REÚNENSE MAÑÁ CO DIRECTOR DA AGADIC PARA PROPOÑER DOUS DOS VOGAIS DA COMISIÓN DE VALORACIÓN, SEGUNDO ESTABLECEN AS BASES

Ábrese ata o 15 de febreiro o prazo de recepción de candidaturas para a dirección do CDG Documento anexo

[28/01/2010] O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria do concurso público para a contratación do novo director/a do Centro Dramático Galego (CDG), de xeito que os candidatos teñen de prazo ata o vindeiro 15 de febreiro para remitir as súas solicitudes á Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), entidade da que depende a compañía pública. En relación con este procedemento de selección, os representantes das principais asociacións profesionais do sector reuniranse mañá co director da AGADIC, Juan Carlos Fernández Fasero, para propoñer dúas persoas de recoñecido prestixio no ámbito das artes escénicas como vogais da comisión de valoración, tal e como establecen as bases.

UNHA DECENA DE CENTROS DE ENSINO DE TODA GALICIA INSCRIBIUSE NAS FUNCIÓNS MATINAIS PROGRAMADAS PARA ALUMNOS DE BACHARELATO

Máis de 1.200 espectadores asistiron ás primeiras funcións de "As actas escuras" no Salón Teatro Documento anexo

[27/01/2010] Un total de 1.252 espectadores asistiron en Santiago ás primeiras funcións da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), As actas escuras, que se sitúa deste xeito entre as montaxes con maior ocupación das exhibidas pola compañía pública nos últimos anos. Xúlio Lago dirixe esta primeira posta en escena da obra de Roberto Vidal Bolaño, que rexistrou un gran éxito tanto nos pases para público xeral (venres e sábados, ás 20.30 h, e domingos, ás 18.00 h) como na primeira representación matinal para institutos celebrada a semana pasada. O espectáculo, estreado o pasado día 15, permanecerá en cartel no Salón Teatro ata o 7 de febreiro.

OS PASES PARA PÚBLICO XERAL DA OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO, DIRIXIDA POR XÚLIO LAGO, CELÉBRANSE OS VENRES E SÁBADOS ÁS 20.30 HORAS E OS DOMINGOS ÁS 18.00 HORAS

O Centro Dramático Galego ofrece tres novas funcións de "As actas escuras" esta fin de semana no Salón Teatro Documento anexo

[21/01/2010] O Centro Dramático Galego retoma esta fin de semana (venres 22 e sábado 23 ás 20.30 horas e domingo 24 ás 18.00 horas) no Salón Teatro de Santiago as funcións para público xeral da súa nova produción, As actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño baixo a dirección escénica de Xúlio Lago. O espectáculo, que recupera esta gran obra sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética 18 anos despois da súa escrita, permanecerá en Compostela ata o vindeiro día 7 de febreiro ofrecendo cinco pases semanais, dous deles concertados con institutos (mércores e xoves, ás 10.30 horas).

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: