Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS É DE 15 DÍAS HÁBILES A PARTIR DA PUBLICACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA

A AGADIC abre o procedemento de concurso de méritos para a contratación do novo director/a do Centro Dramático Galego Documento anexo

[15/01/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) iniciou o procedemento de selección para o posto de director/a do Centro Dramático Galego (CDG), que se realizará, por vez primeira nos 25 anos de traxectoria da institución, mediante concurso público e segundo a aplicación das bases aprobadas polo Consello de Dirección deste organismo da Consellería de Cultura e Turismo. A persoa seleccionada desenvolverá labores tanto de dirección artística coma de xestión, a súa contratación realizarase baixo a modalidade de alta dirección e percibirá unha retribución bruta anual de 39.432,89 euros.

OS CANDIDATOS TERÁN 15 DÍAS DESDE A PUBLICACIÓN NO DOG PARA PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN E O SEU PROXECTO PARA 3 TEMPORADAS

A AGADIC abre o procedemento de concurso de méritos para a contratación do novo director/a do CDG Documento anexo

[15/01/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) iniciou o procedemento de selección para o posto de director/a do Centro Dramático Galego (CDG), que se realizará, por vez primeira nos 25 anos de traxectoria da institución, mediante concurso público e segundo a aplicación das bases aprobadas polo Consello de Dirección deste organismo da Consellería de Cultura e Turismo. A persoa seleccionada desenvolverá labores tanto de dirección artística coma de xestión, a súa contratación realizarase baixo a modalidade de alta dirección e percibirá unha retribución bruta anual de 39.432,89 euros.

A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA ESTRÉASE O VENRES DÍA 15 NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO, ONDE SE EXHIBIRÁ ATA O 7 DE FEBREIRO PARA INICIAR DESPOIS A SÚA XIRA GALEGA

O CDG recupera a obra de Roberto Vidal Bolaño "As actas escuras" baixo a dirección de Xúlio Lago

[13/01/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este venres día 15 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago a súa nova produción, As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño que sube por primeira vez aos escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. A recuperación deste texto 18 anos despois da súa escrita supón todo un fito no panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores este gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.

A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA ESTRÉASE O VENRES DÍA 15 NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO, ONDE SE EXHIBIRÁ ATA O 7 DE FEBREIRO PARA INICIAR DESPOIS A SÚA XIRA GALEGA

O Centro Dramático Galego recupera para os escenarios a obra de Roberto Vidal Bolaño "As actas escuras" baixo a dirección de Xúlio Lago Documento anexo

[13/01/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este venres día 15 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago a súa nova produción, As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño que sube por primeira vez aos escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. A recuperación deste texto 18 anos despois da súa escrita supón todo un fito no panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores este gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.

O ESPAZO QUE XESTIONA EN SANTIAGO O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO INCREMENTOU EN MÁIS DUN 30 POR CENTO A CIFRA DE ASISTENTES RESPECTO DO ANO ANTERIOR

A programación do Salón Teatro congregou máis de 14.300 espectadores en 2009

[08/01/2010] O Salón Teatro de Santiago, espazo xestionado polo Centro Dramático galego (CDG), pechou 2009 cun total de 14.313 espectadores nas 105 funcións que configuraron a súa carteleira anual. Este balance de asistencia supón un incremento superior ao 30% respecto do rexistrado o ano anterior, confirmando así o respaldo do público a unha programación que estivo protagonizada por 31 formacións artísticas e na que tiveron unha destacada presenza as expresións escénicas máis actuais, ademais das producións propias do CDG.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: