[19/04/2010] O programa de concertos promocionais "ST Música Presente" continúa este mes de abril no Salón Teatro de Santiago, onde mañá martes día 20 ás 20.30 horas terá lugar a actuación do grupo de jazz de Álvaro Vieito. O compositor e guitarrista do Porriño presentará en directo o seu primeiro traballo de estudio, Introducing Álvaro Vieito, co que o selo Falcatruada pon en marcha unha nova colección discográfica baixo o título xenérico de Azos Jazz e a dirección artística de Abe Rábade.
[14/04/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) e a Radio Galega organizan a gala de entrega do IV Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que se desenvolverá no Teatro Principal de Ourense mañá xoves 15 de abril, a partir das 20.00 horas, e no transcurso da que Vanesa Martínez Sotelo recollerá o galardón do xurado pola obra Indoor e Begoña García Ferreira, o do público por O vento da illa, cunha dotación económica de 3.000 euros en ambos casos.
[09/04/2010] O Consello de Dirección da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) resolveu hoxe o nomeamento da actriz Blanca Cendán como nova directora do Centro Dramático Galego (CDG). Na reunión, que se desenvolveu esta tarde baixo a presidencia do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, acordouse a designación de Cendán por ser a candidata máis valorada entre a terna de aspirantes que optaron ao posto, convocado por vez primeira por proceso público de selección (DOG de 28 de xaneiro de 2010).
[08/04/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo destinará este ano 800.000 euros ás axudas á amortización dos custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais e outros 350.000 euros ás de produción e desenvolvemento de contidos interactivos, segundo as convocatorias que fai públicas esta semana no marco do seu programa de subvencións ao sector audiovisual galego.
[07/04/2010] A plataforma Voadora estrea este venres 9 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago o espectáculo Super8, unha comedia musical realizada en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG) da que ofrecerá outras dúas funcións na fin de semana (sábado 10 ás 20.30 h e domingo 11 ás 18.00 h). Teatro, música en vivo e danza únense para dar forma a unha montaxe que, partindo do cine como metáfora da memoria e da memoria como teatro do vivido, xira arredor duns personaxes que se debaten entre a obsesión por recordar e a importancia de esquecer.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores