Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

PRESENTARÁ EN DIRECTO "TIRÁN", O SEU DEBUT DISCOGRÁFICO EN SOLITARIO, A PARTIR DAS 20.30 HORAS

O programa "ST Música Presente" ofrece este mércores no Salón Teatro un concerto do gaiteiro Anxo Lorenzo Documento anexo

[22/03/2010] O gaiteiro Anxo Lorenzo protagonizará o vindeiro mércores 24, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago a segunda das actuacións do programa "ST Música Presente", creado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo para a promoción especial de traballos discográficos galegos a través de concertos dirixidos preferentemente a un público especializado, pero abertos tamén a todos os espectadores interesados en función do aforo dispoñible.

RETÓMANSE AS ACCIÓNS DE DINAMIZACIÓN DA INDUSTRIA CULTURAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL MEDIANTE A COLABORACIÓN CO FESTIVAL DE CINE DOCUMENTAL DE TUI

A AGADIC inicia as actividades de Creativa 2010 cun taller destinado a novos realizadores dentro do Play-Doc Documento anexo

[18/03/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo inicia o programa CREATIVA para 2010 coa colaboración co festival Play-Doc de Tui no desenvolvemento dun taller-seminario para novos realizadores e outras actividades conxuntas de difusión da industria audiovisual de Galicia e do Norte de Portugal. Baixo o título O retrato filmado #02 o retrato memoria, o obradoiro centrará a participación de CREATIVA no certame internacional de cine documental tudense, dentro do que se levarán a cabo, ademais, outras accións conxuntas, tales como un concerto a cargo da banda lisboeta Batida, a incorporación de Darío Silva Oliveira -director do prestixioso Festival Internacional de Curtas de Vila do Conde- ao xurado internacional ou a proxección da película Luanda, a fábrica da música, da portuguesa Inés Gonçalves e Kiluanje Liberdade.

O PRAZO DE ADMISIÓN DE ORIXINAIS VAI ATÉ O 11 DE XUÑO E O DITAME EMITIRASE ANTES DO 1 DE NOVEMBRO

Convocada a edición 2010 dos premios Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde Documento anexo

[17/03/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo acaba de facer pública a convocatoria 2010 dos seus tres premios literarios no eido dramático -XIX Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, V Manuel María de Literatura Dramática Infantil e VIII Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques (modalidades de público infantil e adulto)-, para os que mantén aberto o prazo de admisión de orixinais até o 11 de xuño. Cada un dos galardóns e modalidades conta cunha dotación económica de 6.000 euros, ademais de contemplar a posibilidade de que as obras sexan publicadas dentro das coleccións dramáticas que a AGADIC coedita con distintas empresas galegas.

O TEATRO ROSALÍA CASTRO ACOLLE DÚAS FUNCIÓNS O VENRES 19 E O SÁBADO 20 ÁS 20.30 H

O CDG chega á Coruña con "As actas escuras", obra de Roberto Vidal Bolaño dirixida por Xúlio Lago Documento anexo

[17/03/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta esta fin de semana (venres 19 e sábado 20, ás 20.30 horas) no Teatro Rosalía Castro da Coruña As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.

FERNÁNDEZ FASERO PRESENTOU ESTA INICIATIVA, DESTINADA PRIORITARIAMENTE Á PRESENTACIÓN DE NOVOS TRABALLOS DISCOGRÁFICOS GALEGOS DIANTE DUN PÚBLICO ESPECIALIZADO

A AGADIC inagura no Salón Teatro o programa de concertos promocionais "ST Música Presente" co grupo Linho do Cuco Documento anexo

[16/03/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) pon en marcha o programa de concertos "ST Música Presente", dirixido á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado, coa actuación que o grupo Linho do Cuco ofrecerá o vindeiro xoves 18, ás 20.30 horas, no Salón Teatro. O espazo compostelán será a sede deste novo ciclo, que na súa primeira entrega acollerá outros cinco directos a cargo de Anxo Lorenzo (24 de marzo), Emilio Rúa (26 de marzo), Álvaro Vieito Cuarteto (20 abril), Ophiusa (27 de abril) e BellónMaceiras Quinteto (30 de abril). O público xeral tamén poderá acceder a estes concertos, sempre en función do aforo finalmente dispoñible.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: