[21/02/2023] A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela continúa coa súa actividade ao tempo que a compañía da Xunta de Galicia entra na terceira semana de representacións da súa produción propia Shakespeare en Roma, ata o 2 de abril no Salón Nobre do Pazo de Fonseca.
[07/02/2023] O Centro Dramático Galego estrea este xoves día 9 en Santiago de Compostela Shakespeare en Roma, que en palabras do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, supón "un gran desafío artístico e de produción para dar conta da madurez e solvencia da compañía teatral da Xunta". O espectáculo ofrece un achegamento inédito e singular ás catro pezas que o gran dramaturgo inglés ambientou no Imperio Romano (Coriolano, Xulio César, Antonio e Cleopatra e Tito Andrónico), condensadas en pouco máis de dúas horas a partir de catro olladas dramatúrxicas diferentes e levadas a escena por outros tantos equipos de dirección cun mesmo elenco de oito intérpretes.
[24/01/2023] O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga reestrean este xoves no Salón Teatro de Santiago a súa produción A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (A contenda do río Miño), versión da peza teatral escrita en 1671 por Gabriel Feixóo de Araúxo e da que se cumpre o 50º aniversario da súa primeira posta en escena pola compañía coruñesa Teatro Circo, da man de Manuel Lourenzo e José Estruch.
[19/01/2023] O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e mais o reitor da USC, Antonio López, visitaron o equipo do espectáculo 'Shakespeare en Roma', a nova produción do Centro Dramático Galego, para coñecer de primeira man a evolución dos ensaios que se están a desenvolver no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela. Convertido en escenario grazas ao acordo de intercambio entre a Xunta de Galicia e a universidade compostelá, este espazo acollerá tamén o período de exhibición desta proposta, que se estrea o 9 de febreiro e estará en cartel ata o 2 de abril.
[10/01/2023] O Centro Dramático Galego inicia hoxe a súa programación de 2023 coa primeira das preto de 90 funcións que desenvolverá ata finais de abril en Santiago de Compostela, tanto na súa sede do Salón Teatro como no Salón Nobre do Pazo de Fonseca e na Cidade da Cultura de Galicia. Destacan nesta carteleira a posta en escena de seis das producións propias e coproducións da compañía da Xunta de Galicia, entre as que se inclúen as estreas e temporadas de exhibición dos espectáculos Shakespeare en Roma e Un hotel de primeira sobre o río.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 Ver novas anteriores