Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O ESCENARIO DA UNIDADE DE PRODUCIÓN TEATRAL DA XUNTA ACOLLERÁ TRES FUNCIÓNS DE ACCESO GRATUÍTO ENTRE O XOVES 7 E O SÁBADO 9

O Salón Teatro recibe 'Tartufo', coprodución do Centro Dramático Galego con compañías e centros de ensino de Portugal, Francia e Galicia

[05/07/2022] O Salón Teatro recibe esta fin de semana o espectáculo Tartufo, adaptación do texto clásico de Molìere co que o Centro Dramático Galego, unidade de produción teatral da Xunta, participa neste 2022 no regreso do Proxecto NÓS/NOUS. Esta iniciativa, de natureza internacional ao implicar institucións de Francia, Portugal e Galicia, é un espazo de creación escénica e de intercambio entre catro compañías públicas e outros tantos centros de ensino que ten como obxectivo promover tanto a profesionalización como a internacionalización de estudantes no treito final do seu período académico, ao poñelos en contacto con figuras consolidadas do sector teatral.

A CIDADE DE TROMSO ACOLLERÁ UN PRIMEIRO ENCONTRO PRESENCIAL COA PARTICIPACIÓN DA COMPAÑÍA GALEGA MOVING COMPASS

O Centro Dramático Galego inicia en Noruega o proxecto europeo 'Phone' para a posta en valor de linguas minoritarias a través do teatro

[29/06/2022] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, iniciou a súa participación no proxecto europeo Phone, no que estruturas teatrais de sete países desenvolven varias iniciativas conxuntas para a posta en valor de linguas minoritarias a través das artes escénicas. O primeiro dos encontros presenciais terá lugar esta fin de semana na cidade de Tromso (Noruega), país que forma parte deste proxecto xunto con Holanda, Francia, Romanía, Italia, Irlanda e Alemaña, ademais de España.

OITO CURSOS AO LONGO DO SEGUNDO SEMESTRE DO ANO NA CORUÑA, LUGO, OURENSE, SANTIAGO DE COMPOSTELA E VIGO

O Centro Coreográfico Galego estende a cinco cidades o seu programa formativo para profesionais da danza Documento anexo

[26/06/2022] A Xunta organiza oito cursos no marco do programa formativo do seu Centro Coreográfico Galego para 2022, que se desenvolverá ao longo do segundo semestre do ano arredor de diferentes temáticas como a prevención de lesións, o poder terapéutico da danza, diferentes estilos e técnicas coreográficas ou a xestión de compañías e espectáculos.

ESTÁ NO TEATRO PRINCIPAL A PARTIR DE HOXE, CUNHA FUNCIÓN INICIAL DIRIXIDA A CENTROS DE ENSINO

A produción do Centro Dramático Galego 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' despídese o domingo na Estrada despois de 33 funcións en Galicia e Portugal

[02/06/2022] A produción do Centro Dramático Galego (CDG) 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' despídese esta semana dos escenarios na Estrada, onde estará desde hoxe ata o domingo coa primeira sesión dirixida a centros de ensino e as outras tres ao público xeral. Deste xeito, a produción suma 33 funcións desde a súa estrea en abril. Delas, 14 foron no Salón Teatro de Santiago de Compostela e 19 na xira, que tamén incluíu Cee, Cedeira e Catoira, ademais das localidades portuguesas de Coímbra e Beja.

RECIBIRÁ 6000 EUROS PARA A CREACIÓN DUN TEXTO QUE SERÁ LEVADO A ESCENA COMO COPRODUCIÓN DO CDG

Ana Abad de Larriva obtén a Bolsa de dramaturxia impulsada pola Xunta e o sector teatral coa escrita 'Bailar no ceo'

[25/05/2022] O proxecto de escrita 'Bailar no ceo' da actriz e dramaturga Ana Abad de Larriva resultou gañadora da segunda edición da Bolsa de dramaturxia impulsada polo Centro Dramático Galego (CDG) e diversos colectivos do sector teatral e cultural galego. Ao abeiro da iniciativa, a autora recibirá 6000 euros para desenvolver un texto que será levado a escena en 2023 como coprodución da unidade teatral da Xunta, a cargo da compañía que gañe a seguinte fase de selección, centrada na creación do espectáculo.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304  305  306  307 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: