[07/02/2012] A programación de 2012 do Salón Teatro de Santiago ábrese ao audiovisual galego coa estrea mañá mércores 8, ás 20.30 horas, da curtametraxe Conversa cunha muller morta, escrita e dirixida pola realizadora galega Sonia Méndez e interpretada por Luís Zahera e Camila Bossa. A fita conta cunha achega económica da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por un importe de 4.900 euros, adxudicada a través da convocatoria 2011 de subvencións ao desenvolvemento e promoción do talento galego audiovisual galego, no marco da que se apoiaron 18 proxectos de novos creadores cun total de 149.992 euros.
[01/02/2012] A compañía Talía ofrece no Salón Teatro de Santiago dúas funcións de Volpone ou comedia de Mosca, que terán lugar o venres 3 mailo sábado 4 ás 20.30 horas. Realizada baixo a dramaturxia e dirección escénica de Roberto Salgueiro a partir do clásico do dramaturgo británico Ben Jonson, a peza constitúe unha mordaz sátira da debilidade humana e de ata onde nos poden facer chegar as ansias por acumular beneficios e poder. Con estas dúas representacións, o grupo de Cee terá rematado a súa presenza dentro da programación do espazo do Centro Dramático Galego, xa que na última semana desenvolveu outras sete funcións para escolares e dúas para público xeral da súa última produción, Pelos na lingua.
[26/01/2012] A compañía Talía Teatro instalarase durante dúas semanas no Salón Teatro de Santiago para ofrecer 11 funcións de dous dos seus últimos espectáculos. Así, do 28 de xaneiro ao 2 de febreiro o grupo de Cee representará Pelos na lingua, unha comedia que fala dos usos e abusos que sofre o idioma galego, en tanto que o venres 3 e o sábado 4 escenificará Volpone. Ou comedia de Mosca, unha fábula que xira arredor da avaricia e da luxuria humanas.
[23/01/2012] O actor e director Evaristo Calvo dirixirá as dramatizacións das obras que resulten finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que promoven a Radio Galega e o Centro Dramático Galego (CDG) co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O certame pechou o pasado día 15 de xaneiro o prazo de presentación de traballos cun total de 51 orixinais recibidos, cifra que converte esta edición na máis concorrida da súa historia.
[18/01/2012] A compañía Teatro Galileo pon en escena este venres 20 e o sábado 21, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago, dúas funcións de Sempre quixen bailar un tango, a obra coa que Teresa González Costa gañou a edición de 2008 do Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, outorgado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Baixo a dirección de Pedro Rubín, o espectáculo é unha traxicomedia que reflexiona sobre as cousas que deixamos sen facer e sen aprender ao longo da nosa existencia.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 Ver novas anteriores