Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

ANUNCIOUSE COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O Centro Dramático Galego coproducirá coa compañía Xerpo a montaxe teatral de 'Bailar no ceo', texto gañador da II Bolsa de Dramaturxia e Creación Documento anexo

[27/03/2023] A compañía Xerpo é a gañadora da segunda fase da Bolsa de Dramaturxia e Creación, desenvolvida pola Xunta de Galicia coa colaboración de diversos colectivos do sector cultural galegos, de acordo coa que coproducirá co Centro Dramático Galego o texto 'Bailar no ceo', escrito por Ana Abad de Larriva como vencedora da primeira fase desta mesma iniciativa.

O 18 E 19 DE XULLO NO TEATRO ROMANO DA CAPITAL ESTREMEÑA

O Centro Dramático Galego preséntase por vez primeira no Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida con 'Shakespeare en Roma' Documento anexo

[22/03/2023] O Centro Dramático Galego viaxará por primeira vez ao Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida para representar unha das súas producións propias, Shakespeare en Roma, que poderá verse no teatro romano da capital estremeña os días 18 e 19 de xullo. A programación completa da 69ª edición desta prestixiosa mostra foi anunciada hoxe mesmo no transcurso dun acto no que participou o director da unidade teatral da Xunta de Galicia, Fran Núñez, para dar conta do fito que estas actuacións suporán na traxectoria da compañía institucional galega a prol da proxección exterior do noso teatro e dos seus profesionais.

XOVES, VENRES E SÁBADO, ÁS 20.00 HORAS, RESPECTIVAMENTE

A inclusión social protagoniza a carteleira da semana cos espectáculos 'Camaleoa' e 'Soños' e un concerto pola saúde mental

[21/02/2023] A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela continúa coa súa actividade ao tempo que a compañía da Xunta de Galicia entra na terceira semana de representacións da súa produción propia Shakespeare en Roma, ata o 2 de abril no Salón Nobre do Pazo de Fonseca.

PODERÁ VERSE DO 9 DE FEBREIRO AO 2 DE ABRIL NO SALÓN NOBRE DO PAZO DE FONSECA, EN SANTIAGO

Román Rodríguez refírese á estrea de 'Shakespeare en Roma' como o gran desafío que dá conta da madurez do Centro Dramático Galego Documento anexo

[07/02/2023] O Centro Dramático Galego estrea este xoves día 9 en Santiago de Compostela Shakespeare en Roma, que en palabras do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, supón "un gran desafío artístico e de produción para dar conta da madurez e solvencia da compañía teatral da Xunta". O espectáculo ofrece un achegamento inédito e singular ás catro pezas que o gran dramaturgo inglés ambientou no Imperio Romano (Coriolano, Xulio César, Antonio e Cleopatra e Tito Andrónico), condensadas en pouco máis de dúas horas a partir de catro olladas dramatúrxicas diferentes e levadas a escena por outros tantos equipos de dirección cun mesmo elenco de oito intérpretes.

NO SALÓN TEATRO DO XOVES 26 de XANEIRO AO DOMINGO 5 DE FEBREIRO

O Centro Dramático Galego reestrea en Santiago 'A contenda do río Miño' para celebrar os 50 anos da súa primeira posta en escena Documento anexo

[24/01/2023] O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga reestrean este xoves no Salón Teatro de Santiago a súa produción A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (A contenda do río Miño), versión da peza teatral escrita en 1671 por Gabriel Feixóo de Araúxo e da que se cumpre o 50º aniversario da súa primeira posta en escena pola compañía coruñesa Teatro Circo, da man de Manuel Lourenzo e José Estruch.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304  305  306  307 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: