[11/03/2025] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro domingo 16 de marzo, ás 12,00 h., a estrea do espectáculo 'Fábrica de fume', unha proposta de teatro comunitario que afonda no concepto de arte e industria a través da historia de Sargadelos. Celina Fernández Ponte e Ana Fontenla asinan a dramaturxia e a dirección de escena deste traballo que tivo a súa orixe no proxecto internacional de teatro en linguas minoritarias Phōnē e que coproduce agora o Centro Dramático galego co financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a colaboración da Federación Galega de Teatro Afeccionado.
[10/03/2025]
[04/03/2025] O Centro Dramático Galego estrea este xoves, na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, a primeira das súas producións propias de 2025, para a que conta cun amplo elenco interxeracional de 15 intérpretes baixo a dirección e a dramaturxia de Lorena Conde. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou canda o equipo artístico esta nova proposta da unidade teatral da Xunta de Galicia, que permanecerá en cartel ata o 20 de abril para ofrecer 34 funcións e as habituais campañas de accesibilidade e de mobilidade desde máis de 65 concellos das catro provincias.
[28/02/2025] A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa dentro do ciclo Clásicas desfeitas a estrea de 'Medea-Mamá-Monstro', unha nova creación teatral de Laura Porto e Helena Varela que interpela ao público para intentar dilucidar quen foi realmente Medea, a muller arquetipo da vinganza que retratou Eurípides na súa traxedia clásica. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director do Centro Dramático Galego, Francisco Núñez, asistiron hoxe á primeira representación da obra, que esgotou entradas para as dúas funcións programadas esta fin de semana na Cidade da Cultura.
[21/02/2025] O Centro Dramático Galego e o colectivo portugués ASTA-Teatro e Outras Artes coproducen a montaxe rosalía, cartografía de ásperas ortigas., mediante a que se suman ás actividades de conmemoración do 188º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro coa estrea do espectáculo os vindeiros 27 e 28 de febreiro no Cine-Teatro Avenida da localidade lusa de Castelo Branco.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 Ver novas anteriores